CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Dentro do Plan Proxecta de este ano participamos na actividade "O sabor da aventura está no mar" . Primeiro visitaron o noso colexio unha cociñeira, un pescador e un mariscador que nos presentaron personaxes moi interesantes e nos contaron unha historia acerca do importante que é comer peixe para estar moi sans. 

Despois aos nenos e nenas de 3º, 4º e 6º leváronos de visita ao porto de Vigo e alí viron cousas moi interesantes. Tamén foron ao museo de mar e degustaron riquísimas comidas feitas con produtos do mar.