CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

O sabor da aventura está no mar

 

 

Dentro  do plan Proxecta, este ano participamos no programa  "Aliméntate ben" en dúas das súas modalidades: Froita na escola e O sabor da aventura está no mar.

Xa tivemos no Caselles a un pescador, un mariscador e unha cociñeira moi especiais que lle explicaron aos nosos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e das vantaxes de alimentarse con produtos do mar, algúns cursos tamén terán a sorte de ir ao porto e ao Museo do Mar. Tódolos nenos e nenas disfrutaron e aprenderon moito con "O Sabor da Aventura está no mar.