CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

O CASELLES NO CAMIÑO: TODOS A SANTIAGO!

Este venres día 20, o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán ao completo, fixemos unha excursión a Santiago. Catro autobuses saíron do colexio rumbo a Santiago para facer un anaquiño do camiño de Santiago, o que vai do monte do Gozo a Catedral.

Camiñamos moito e pasámolo moi ben, estivemos na praza do obradoiro e entramos a catedral, aínda que non nos deixaron ver o pórtico da Gloria, e iso enfadou a algunhas das nosas profesoras, que querían explicarnos cousiñas alí. Despois fomos camiñando ata a Alameda para xantar, mercamos algúns recordos e xa voltamos a Tomiño. Chegamos agotados!

Para ver tódalas fotos da viaxe, preme na imaxe.