CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

FESTA DO OUTONO E MAGOSTO 2021

Por primeira vez, despois de dous anos, tivemos unha celebración con tintes de normalidade. Faltounos a presenza e o calor das familias, e os diferentes niveis non se puideron mesturar, pero aínda así, a nosa festa do outono, xa nos recordou a outras épocas, na que o coronavirus non controlaba a nosa existencia.

Empezamos a primeira hora coas carreiras por niveis. Todos os nenos e nenas do Caselles  fixeron a súa carreira na medida das súas posibilidades e gozando ao máximo. 

Rematada a carreira, e despois dun pequeno recreo, comezaron os xogos populares: marro, soga-tira, carreira de sacos, a ferradura, a ra, brilé, buxainas, mariola, chave, as catro esquinas e zancos. Todos estes xogos estiveron controlados por uns monitores e monitoras moi especiais, as nenas e nenos de sexto curso. Ao mesmo tempo outro grupiño estivo facendo as fogueiras e asando as castañas. Temos que felicitar o bo facer e o alto nivel de competencia destes axudantes.

E xa como remate de xornada, degustación das castañas asadas. Estaban boísimas!!!

O dito, non foi normalidade, pero parecíase bastante.

Para ver as fotos da xornada, preme AQUÍ