Saltar navegación.
Inicio

Formación sobre a web do centro

Os servizos centrais de asesoramento Avalar (os antigos SIEGA) levan colgando dende hai un tempo na páxina xeral de Webs Dinámicas un montón de cursos online para manexo da web.

O acceso dos cursos non require nigún tipo de pagamento nin inscripción. O acceso é libre e podedes aprobeitar un montón de actividades e leccións. Moitas destas experiencias foron liberadas directamente de PLATEGA, onde anteriormente formaron parte dos proxectos de formación de profesorado.

Evidentemente, a realización libre destes cursos non acreditarán ningunha certificación nin acreditación de horas de formación oficicais. Pero  aínda así quen os aprobeite estará adquirindo un montón de coñecementos moi útiles para poder desenvolverse na web do centro, canto menos.

Animádevos.