Curso 2011-12

SHERLOCK HOLMES Y EL DIAMANTE AZUL

Un curso máis, un pai dunha alumna colaborou co Departamento de Biblioteca e fixo unha animación do libro de Sir Arthur Conan Doyle titulado Serlock Holmes y el diamante azul.


Foi unha sesión marabillosa na que, ademais de aprender, desfrutamos tanto como podedes apreciar nestas fotos.


A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

O venres, 3 de xuño, veu ao colexio César Candelas, pai de dúas alumnas do centro; traballou este libro de Julio Verne cos alumnos do 2º ciclo.


Ademais dos fusos horarios, os medios de transporte, a historia e as matemáticas, tamén abordou a xeografía política, pois os nenos, ao igual que Phileas Fogg, foron pasando por Inglaterra, Francia, Exipto... e así ata completar once países.


Os alumnos aprenderon moitas cousas dunha forma moi amena, participativa e divertida.


Podes ver aquí algúns momentos desta viaxe arredor do mundo.


 


HISTORIA DE ALBA

Unha nena chamada Alba,  xunto con outros nenos, axuda a unha avoa a recuperar obxectos que lle roubaran.


Esta animación trata da cooperación entre persoas e tamén entre distintas especies.


A representación tivo lugar coa participación activa dos nenos do primeiro ciclo, tal e como o podedes ver nestas fotos.


 


LIBRO CLÁSICO + PELÍCULA

Volvemos  iniciar  o programa libro clásico + película.


En 5º empezamos con Oliver Twist e en 6º con Príncipe y mendigo.


En 2º tamén fixemos unha animación dun libro moi bonito titulado El hombrecillo de papel.


Preme aquí para ver algunhas imaxes.


A RATIÑA PRESUMIDA

 


 


Unha representación de cada curso de infantil e 1º ciclo de primaria preparou unha obriña baseada no conto clásico A ratiña presumida.


Actuamos para os nosos compañeiros e acadamos un gran éxito.


Aquí tedes unha pequena mostra de fotos da nosa actuación.


 

MALETA VIAXEIRA

Os profes do CEIP Santa María estamos a participar nun programa de formación. Consiste nunha maleta que vai pasando polos centros que a solicitan, cun contido de libros que nos axudan a aprender e reflexionar sobre como debemos ensinar e animar aos nenos a ler.


Algúns destes interesantes títulos vanse adquirir para que queden na biblioteca do centro.


 




 

Distribuir contido