Curso 2009-2010

PALABRAS NO AR

O 4 de novembro, na biblioteca municipal, os nenos e nenas de 4º participamos nun obradoiro de oralidade, e os de 5º noutro de expresión escrita.


Estas actividades formaban parte do programa de dinamización lingüística Bocaberta 2010-2011, para fomentar que a xente nova nos expresemos en galego e manexemos ferramentas de comunicación.


O que fixemos nós, e tamén outros nenos que participan no programa, podédelo ver neste blog: www.palabrasnoar.org


Fixemos algunha foto que queremos compartir con todos vós.

VISITA DE FRAN ALONSO

A semana pasada tivemos a fortuna de contar entre nós co escritor galego Fran Alonso.

Falounos aos alumnos do terceiro ciclo da poesía, de sitios onde a vida dos nenos é difícil... Tamén nos fixo rir e pasalo ben coa súa marabillosa intervención.

Agora tamén estamos gozando coa lectura dos seus libros.

 

 

 

MOCHILA VIAXEIRA

Debido ao éxito acadado o curso pasado co programa de lectura As Mochilas Viaxeiras, este ano bota a andar de novo con contidos renovados.

A entrega dalgunhas das mochilas que farán a súa rodaxe, podédela ver aquí.

Distribuir contido