PALABRAS NO AR

O 4 de novembro, na biblioteca municipal, os nenos e nenas de 4º participamos nun obradoiro de oralidade, e os de 5º noutro de expresión escrita.


Estas actividades formaban parte do programa de dinamización lingüística Bocaberta 2010-2011, para fomentar que a xente nova nos expresemos en galego e manexemos ferramentas de comunicación.


O que fixemos nós, e tamén outros nenos que participan no programa, podédelo ver neste blog: www.palabrasnoar.org


Fixemos algunha foto que queremos compartir con todos vós.