Curso2008-2009

CYRANO DE BERGERAC

Neste terceiro trimestre a animación á lectura na biblioteca foi feita por un pai dunha alumna de 4º.

César Candelas explicoulles aos nenos de 4º e 5º o universalmente coñecido Cyrano de Bergerac.

Pasamos unha hora marabillosa. Para comprobalo, mirade as fotos. Preme aquí.

AS FÁBULAS

 

Hoxe tivemos unha actividade de animación á lectura cos nenos de 3º e 4º de primaria. Correu a cargo de Cristina, unha das nosas orientadoras.

Tratouse o tema das fábulas infantís, resultando do máis atractivo para os nenos. 

Se queres ver as nosas fotos, preme aquí.

Mochila Viaxeira

O 30 de xaneiro comezou en todos os cursos o percorrido das "Mochilas Viaxeiras". En total nove bolsiñas que irán a todas as casas, unha para cada curso.

Cada neno/a vai disfrutar coa súa familia, e durante unha semana de: contos, comics, poesía, teatro, xogos interactivos, música, material relacionado co coidado do noso planeta... E todo, axeitado a cada nivel.

Ao remate desa semana entrégase a Mochila e todo o seu contido a outro compañeiro; e así ata que pase por todos os alumnos/as.

Agardamos que este proxecto sexa un éxito para poder así repetilo o próximo curso.

Se queres ver algún momento de entrega das Mochilas preme aquí.

Distribuir contido