Mochila Viaxeira

O 30 de xaneiro comezou en todos os cursos o percorrido das "Mochilas Viaxeiras". En total nove bolsiñas que irán a todas as casas, unha para cada curso.

Cada neno/a vai disfrutar coa súa familia, e durante unha semana de: contos, comics, poesía, teatro, xogos interactivos, música, material relacionado co coidado do noso planeta... E todo, axeitado a cada nivel.

Ao remate desa semana entrégase a Mochila e todo o seu contido a outro compañeiro; e así ata que pase por todos os alumnos/as.

Agardamos que este proxecto sexa un éxito para poder así repetilo o próximo curso.

Se queres ver algún momento de entrega das Mochilas preme aquí.