MALETA VIAXEIRA

Os profes do CEIP Santa María estamos a participar nun programa de formación. Consiste nunha maleta que vai pasando polos centros que a solicitan, cun contido de libros que nos axudan a aprender e reflexionar sobre como debemos ensinar e animar aos nenos a ler.


Algúns destes interesantes títulos vanse adquirir para que queden na biblioteca do centro.