Celebracións e conmemoracións

Concerto de fin de curso!

Coa axuda da nosa profe de música fixemos un pequeno concerto de fin de curso, facendo unha homenaxe ás nosas raíces galegas e a algúns dos grandes grupos de rock de tódolos tempos. Esperamos que o disfrutárades, e aquí vos deixamos o vídeo.

LETRAS GALEGAS 2021

ENTROIDO 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

No CEIPP Santa María de As Pontes quixemos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con esta preciosa canción de Soraya Arnelas, interpretada en lingua de signos polo noso alumnado.

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

Dende o CEIP Plurilingüe Santa María queremos agradecer á comunidade educativa as súas achegas para poder elaborar este vídeo dedicado a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas.

 

XORNALILI

 

Para celebrar a Semana da Prensa, elaborouse este vídeo coas aportacións de todos estes marabillosos xornalistas.

 

Parabéns!!!

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

 Con motivo da celebración do Día do Libro, desde Bibliolili propuxéronse moitas actividades nas que podedes participar. Entrade desde aquí.

Os nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria crearon unha morea de historias a partir do libro El Club de los Caníbales se zampa a don Quijote. Con estas historias creouse un libro que podedes ver neste enlace.

UN ENTROIDO DE CINE

O pasado 21 de febreiro o noso colexio encheuse de superheroes e superheroínas seguindo o noso proxecto de biblioteca, que este ano xira en torno ao cine como xa sabedes.

Os personaxes elixidos para os nosos disfraces foron Ladybug, Supermán, Os Incribles e Batman. Acompañounos a asociación ASPANAES vestidos de Flash.

                                                   

 

                                                   

 

                                                  

                                                                                                                                                           

  Aquí podedes vernos ben caracterizados.

 

                                                

 

 

  O tempo acompañounos no noso tradicional desfile ata o Concello.

 

                                                                                                                                                                 

 

Coa colaboración da ANPA e do Concello, degustamos os deliciosos manxares do Entroido.

 

 

                                                                                                

 

 

E como remate final, asistimos á esperada queima do Entroido. Que divertido!                                                            

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

O pasado 16 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas. A celebración foi un homenaxe a Antonio Fraguas e á nosa lingua. Coa axuda de cancións, poesías, contos, bailes e obras de teatro celebramos esta importante data. Noraboa ao noso alumnado, que, coma sempre, fixo un gran traballo.

Ademais durante toda a semana nas aulas traballouse a figura do autor homenaxeado este ano.

Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.

 

DÍA DO LIBRO 2019

A celebración do Día do Libro no noso centro tivo tres actividades principales. A primeira foi a entrega dos premios do Día da Poesía e de agasallos a todos os participantes. Tamén fixemos o Apadriñamento Lector que resoltou todo un éxito. Por último recibimos a visita de Érika González, cuxa animación foi, coma sempre, moi divertida. 

Ademais, e baixo o lema "LER, VAICHE QUE NIN PINTADO", todo o alumnado fixo e decorou, dun xeito moi artístico, un mini-libro baseado no seu libro favorito. Con todos eles fixemos dúas fermosas árbores de primavera.

Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.

Distribuir contido