Obradoiros da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta)
Martes 24 de abril ás 19:00
Xa todas e todos sabemos que boa parte do alumnado ten contacto constante co mundo da Internet, dende as casas, cos teléfonos móbiles, no colexio, etc. Outros aínda non, porque son pequenos pero... non tardando moito aí estamos.
Preocupados polas graves consecuencias que podan xurdir sen as necesarias medidas de protección e coidado, tanto na casa como na rúa ou no centro, estamos a organizar uns obradoiros a cargo dun equipo experto: a OSI (Oficina de Seguridade do Internauta).
Estas charlas terán lugar para as familias e para o profesorado no noso centro o vindeiro martes 24 ás 7 da tarde. Para o propio alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria será o día seguinte durante as clases.
Cómpre polo tanto pedirvos con insistencia que todas e todos participedes nestas sesións informativas o martes 24 dada a enorme importancia do tema a tratar. Agardámosvos.
Hai xente que por descoñecemento, pensa que xa está todo controlado ignorando que o asunto é moito máis importante do que puidera aparentar. Para facervos unha pequena idea, deixamos a continuación un pequeno vídeo de mostra alusivo.
Neste curso adicouse o "Día da poesía" a Rosalía de Castro.
Escolléronse distintos poemas dos "Cantares Gallegos" e o alumnado leunos, comentounos, fixo actividades variadas sobre os mesmos e finalmente ilustrounos. Isto último é o que se amosa no vídeo, acompañada de música de Amancio Prada.
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o “DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA”.
A BRUXA LIBRUXA da BIBLIOTECA e o EDLG propoñen que adiquemos ese día a ROSALÍA DE CASTRO, este ano cúmprense 175 anos do seu nacemento. O libro de poemas “ CANTARES GALLEGOS” de ROSALÍA DE CASTRO é a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea. Elixe unha das poesías que seleccionamos:
As de contar.
Cantarte hei Galicia.
Nosa Señora da Barca.
Un repoludo gaiteiro.
Campanas de Bastabales.
Airiños,airiños aires.
Realiza unha ilustración que expoñeremos nun gran panel . ( Recorda poñer o teu nome e curso pola parte de atrás ).
Veremos a exposición escoitando as obras musicadas de Rosalía.
Un ano máis celebramos este día con distintas actividades de aula e cunha actividade conxunta na que se confeccionaron murais con mans e pombas, leéronse poemas e cantamos, xa que a PAZ é alegría.
Como acontecemento especial, realizouse unha solta de pombas, que foi un éxito, pero resultou demasiado breve.
Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo caseiro no que se amosa como transcurriu o festival de nadal deste curso, onde unha serie de actuacións das diversas aulas compoñían unha escenificación global final na que se nos desexa a todas e todos unhas boas festas do nadal.
Unha vez máis despedimos un ano e o primeiro trimestre do curso e dámoslle a benvida a unhas festas entrañables, caracterizadas polo achegamento das persoas, e convivencia no enriquecemento nas diferencias.
O Festival de Nadal é unha imaxen diso, xa que é posible gracias á colaboración de tódolos membros da nosa comunidade educativa.