5º Primaria

Terrario

Os obxectivos de esta actividade son:

  • Observar os animais que viven nel e a súa actividade.
  • Observar a transformación da materia orgánica en fertilizante.
  • Estudiar a actividade das miñocas e como inflúen no ecosistema.
  • Entender o concepto de ecosistema.
  • Analizar o comportamento das distintas especies animais e vexetais que consigamos manter de forma estable.

O día 21 de outubro de 2013 puxemos en marcha o noso terrario.


O primeiro paso foi conseguir un acuario que nós reconvertemos, xa que o presuposto non é ilimitado.


No fondo botamos follas secas de vide, que aportan materia orgánica e volume, que debera minguar rapidamente.


Sobre elas, herba húmida para facilitar a descomposición.


A continuación, nun dos laterais, botamos area branca e pedras, que nos indicarán a actividade dos descompoñedores deste ecosistema.


Continuamos con terra vexetal, sementes de trevo e de herba, que servirán de alimento e refuxio para os animais, e cubrímolo todo.


Logo, colocamos unha tira de papel nun costado que nos servirá de referencia para comprobar os cambios que acontezan nel.


E para rematar, regamos, tapamos e colocamos na posición final.

O seguinte paso será engadir animais, miñocas, que descompoñan a materia orgánica e homoxeneicen as distintas capas de materia que engadimos.

Horario 2013/2014

 

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

09:00

L. castelá

L. castelá

L. castelá

Matemáticas

Matemáticas

09:50

L. galega

L. galega

Relixión/ Alternativa

Inglés

Inglés

10:40

Música

E. Física

Inglés

E. Física

L. castelá

11:30

Recreo

12:00

Plan lector

12:20

Matemáticas

C. do medio

Matemáticas

L. galega

L. galega

13:10

C. do medio

Plástica

C. do medio

C. do medio

C. do medio

Distribuir contido