5º Primaria
Os nosos libros. Curso 2013/2014
Ler é unha das actividades máis importantes que podemos realizar, pero escribir tamén o é.
Por iso, dentro do Plan lector, limos para nós, limos para o alumnado de Infantil e creamos historias.
A continuación temos os enlaces que vos permitirán acceder aos nosos contos
Esperamos que vos gusten.
Recanto da natureza
Có obxectivo de achegarnos á natureza, comprendela, respetala e aprender a observala puxemos en marcha nun pequeno recanto da aula o noso pequeno museo de historia natural. Nel iremos incorporando elementos, principamente seres vivos ou as súas pegadas, e información relativa aos mesmos.
O millo
Os cogomelos
As abellas
As avespas
A barbantesa
A vieira
Terrario
Os obxectivos de esta actividade son:
- Observar os animais que viven nel e a súa actividade.
- Observar a transformación da materia orgánica en fertilizante.
- Estudiar a actividade das miñocas e como inflúen no ecosistema.
- Entender o concepto de ecosistema.
- Analizar o comportamento das distintas especies animais e vexetais que consigamos manter de forma estable.
O día 21 de outubro de 2013 puxemos en marcha o noso terrario.
O primeiro paso foi conseguir un acuario que nós reconvertemos, xa que o presuposto non é ilimitado.
No fondo botamos follas secas de vide, que aportan materia orgánica e volume, que debera minguar rapidamente.
Sobre elas, herba húmida para facilitar a descomposición.
A continuación, nun dos laterais, botamos area branca e pedras, que nos indicarán a actividade dos descompoñedores deste ecosistema.
Continuamos con terra vexetal, sementes de trevo e de herba, que servirán de alimento e refuxio para os animais, e cubrímolo todo.
Logo, colocamos unha tira de papel nun costado que nos servirá de referencia para comprobar os cambios que acontezan nel.
E para rematar, regamos, tapamos e colocamos na posición final.
O seguinte paso será engadir animais, miñocas, que descompoñan a materia orgánica e homoxeneicen as distintas capas de materia que engadimos.
Horario 2013/2014
|
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
09:00 |
L. castelá |
L. castelá |
L. castelá |
Matemáticas |
Matemáticas |
09:50 |
L. galega |
L. galega |
Relixión/ Alternativa |
Inglés |
Inglés |
10:40 |
Música |
E. Física |
Inglés |
E. Física |
L. castelá |
11:30 |
Recreo |
||||
12:00 |
Plan lector |
||||
12:20 |
Matemáticas |
C. do medio |
Matemáticas |
L. galega |
L. galega |
13:10 |
C. do medio |
Plástica |
C. do medio |
C. do medio |
C. do medio |