Boas amigos!
Nestes días que estaremos na casa, vouvos tratar de ir propoñendo algunhas actividades tanto musicais, coma de plástica e propoñendo ideas para poder ir facendo na casa.
Hoxe vos animo a facer algo ben sinxelo. Coa axuda da vosa familia ou vos mesmos, sumádevos á iniciativa “Arcoiris todo va a salir bien” .
Podedes imprimir o debuxo, aínda que se vos animades, unide varios folios (ou papeis de refugallo e creade un mural para colocalo no balcón ou na ventá. Podedes decoralo e pintalo como quierades, empregade ceras, rotus, témperas... deixa saír a túa creatividade e sobre todo emprega moita cor!
Seguro que algún compañeiro se une á iniciativa e vedes como as ventás se enchen de arcos da vella.
Un saudiño!