4 anos

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola! Son María Luisa. Desexo que estedes todos moi ben. Esta semana propóñovos unha serie de xogos sinxelos que poderedes disfrutar facendo e despois xogando.

Tamén imos acercar ao alumnado á música clásica traballando a figura de Mozart.

Espero que vos guste.

Moitos biquiños,

Mª Luisa.

Tareas 27/04/2020

Día 27/04/2020

Bos días familias, unha nova semana comezamos cun pequeno respiro para@s nos@s pequen@s que xa poden saír á rúa 1 hora ó día para estirar as pernas, mirar ó horizonte e respirar o aire de fóra non só o da casa. Ben o teñen merecido porque corpontáronse coma campións durante as 6 semanas anteriores.

Mándovos este enlace a unha canción de Diego Torres “Color Esperanza” para comezar con máis alegría a semana.

 

 Canción

 

En canto as tarefas que mando esta semana (voluntarias e que vos distribuides como mellor vos vaia).

 _Espero que puidérades velo conto “a arte nas túas mans”, esta semana imos traballar co 2º pintor que nos presenta o conto “Claude Monet” pintor impresionista. Ahí vos vai un vídeo deste autor.

 

  Claude Monet

 

_Para traballar sobre este autor, 3 fichas:

 1ª ficha- colorear as frores segundo o código.

2ª ficha- colorear do mesmo xeito a pranta que sexa igual ao modelo.

3ª ficha- enchede de frores e coloreádeas, este cadro de Claude Monet “campo de mapoulas”. A ver que artistas sodes!!!(ficheiro adxunto).

 

 

_Agora un pouco de lóxica:

1ª ficha- descubre e continúa a serie, despois repítea debuxando e coloreando.

2ª ficha- observa onde está cada punto nas figuras de arriba, despois copiaos na fila de abaixo.

3ª ficha- colorea esta ficha dos números do1-4 segundo o código de cor. (ficheiro adxunto).

 

Por último 1 par de fichas de repaso das vogais:

1ª ficha- rodea de vermello a vogal “a” que esté correcta, tacha de verde todas as demais vogais que aparecen na ficha.

2ª ficha- une cada vogal co debuxo que comeza por esa vogal.

(ficheiro adxunto).

 

 

LEMBRADE

. Poñer o nome a todas as fichas.

. Dicir o día da semana e o día do mes no que nos atopamos.

. Recortar.

. Xogar un pouco á plastilina…

 

E para rematar informarvos que o grupo Transeduca quixo unirse ás distintas accións imxinativas que están xurdindo a través da iniciativa #LaEducaciónNoPara# e crearon vídeos das súas obras de teatro.

O 1º do que nos fan partícipes é “O monstuo de cores”.

 

Anímovos a velo para rematar a semana, despois se os nenos queren que fagan un debuxo de como se senten.

Nada máis nesta semana, gracias familias, por todo o esforzo que estades facendo, seino de verdade, como nai que tamén son, e que xa queda menos.

Unha aperta moi grande para tod@s, a vosa titora,

                                                                                                    Maite.

Día do libro23-04-2020

Bos días familias, hoxe 23 de abril é o día do libro, escolleuse este día porque nesta data morreron 2 dos autores máis importantes do mundo, Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Propóñovos ver este vídeo con poemas animados dunha das poetas importantes do noso país, Gloria Fuertes, que tantos poemas fixo para nen@s.

 

 Gloria Fuertes

 

 

Tamén vos presento estoutro vídeo relacionado coa tarefa que vos propuxen onte “Emma y los girasoles”, unha nena que pranta unha semilla e agarda a que xermine.

 

 Emma y los girasoles

 

Ademais se vos apetece podedes mirar na web do colexio, no apartado “biblioteca-animación á lectura” un enlace a libros adaptados a cada idade e outro enlace para confeccionar marcadores de libros.

Espero que vos guste, unha aperta,

                                                                          Maite.

 

*Ademais quero dicirvos, familias, que outra forma de comunicación conmigo pode ser a través do correo do colexio, indicando que é para a profesora Maite, os que xa tedes a aplicación Abalar, seguirémolo facendo por esa vía.

ceip.sal.lence@edu.xunta.es

Tarea día 22-04-2020

Bos días familias, hoxe día 22 de abril é o día da terra, para celebralo c@s nos@s pequen@s, propóñovos unha actividade que se estivésemos no cole faríamos cada un de nós.

A tarefa:

 Ver crecer unha nova pranta, para iso é moi sinxelo, só necesitamos:

                         -unha faba

                         -un vaso transparente de cristal ou plástico

                         -un pouquiño de algodón ou papel e cociña.

Humedecemos o algodón ou o papel, metemos no medio a faba, colocámolo no vaso e buscamos un sitio onde lle dea un pouquiño o sol e…a esperar como van saíndo as raíces e despois o talo e por último as follas.

Que sexan eles @s que coiden da súa pranta, que manteñan humedecido o algodón ou papel e que día a día vexan como medra.

Espero que vos guste, unha aperta moi grande para @s meus pequen@s, a vosa titora

                                                     Maite.

  

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola de novo! Son María Luisa e espero que estedes todos ben. Pásovos un enlace do conto "Ricitos de Oro". Atoparedes un vídeo do conto, actividades e materiais para traballar cos rapaces e rapazas.

ENLACE RICITOS

 

Tamén vos paso outro enlace para facer instrumentos musicais caseiros.

 

ENLACE INSTRUMENTOS

 

Pasádeo ben. Moitos biquiños,

Mª Luisa

Tareas día 20/04/2020

Bos días familias, comezamos a 6ª semana na casa, xa son moitos días sen saír a rúa, e sodes uns valentes porque estou segura que seguides cun sorriso.

O venres 17 comezamos a empregar a ferramenta Abalar para que personalmente me comentedes calquera dúbida que teñades e saibades que estou aquí, en vista que parece que a situación se prolonga.

Imos recordar primeiro unhas rutinas que @s nen@s xa coñecen e que xa vos contei.

-Saúdos pola mañá, dicir os días da semana e o día no que nos atopamos, día do mes e contar dando palmas.

-Tamén que escriban o seu nome nas fichas que fagan.

-Repasar os vídeos das cancións das letras que xa vos comentei. Eles xa as coñecen e así non as esquecen.

-Que axuden en tarefas na casa, que asuman responsabilidades dacordo a súa idade.

-Que ao longo do día na casa (que son moitas horas) saquen un ratiño para as rutinas do cole.

-Esta semana tamén vos mando o conto que corresponde a primeira unidade do 3º trimestre do proxecto RETOS “Frores con moita arte”.

 

  Video Conto

 

Que as mamás ou os papás llo leades aos nen@s, non chegará cunha soa vez, nel falamos de moitos pintores e cada día podemos lerlle un deles e intentar buscar imaxes de cadros de cada autor.

Ó final do conto anima @s nen@s a facer a súa primeira obra de arte, que o fagan sen medo a como lles saia, todo estará ben.

-Mando unha ficha para pintar un cadro do noso 1º pintor “Giuseppe Arcimboldo” (ficheiro adxunto).

 Encontrade que tipo de froitas e verduras forman o cadro e tamén contadeas, despois coloreade cada froita o verdura da súa cor.

-Ademais mando 2 fichas relacionadas co tema:

- na 1ª ficha unimos a cada pintor co que está pintando.

- na 2ª ficha mándovos unha paleta de frores para que cada fror a pintedes dunha cor diferente. (ficheiro adxunto).

-Agora imos probar como se forman algunhas cores:

      Collemos 3 cores:        - vermello

                                        - azul

                                        - amarelo  

Unimos así:  _ azul-amarelo…Qué cor sae?

                   _vermello-amarelo…Qué cor sae?

                   _azul- vermello…Qué cor sae?

Qué maravilla!!! Verdade!!!

Podemos usar as ceras, se temos pintura de dedos ou temperas e incluso con plastilina, probade.

 

-Repasamos os números (ficheiro adxunto)

-Repasamos as vogais (ficheiro adxunto)

 

-Outra rutina que xa empezamos a traballar na clase foi recortar nun folio, pax. de xornal ou revista, trazámoslles cun rotulador liñas rectas, @s nen@s recortan por riba das liñas. Mamás e papás, fixádevos que collan ben as tesoiras e que non poñan posturas raras ao collelas.

1 vez á semana esta tarefa estará ben.

 

-Xogar coa plastilina, dando as formas que eles queiran, favorecerá a súa psicomoticidade fina.

Nesta semana xa van unhas cantas actividades para que @s nos@s pequen@s sigan coa rutina do cole.

      Unha aperta moi grande da vosa titora,

                                                                            Maite.                         

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola de novo! Son María Luisa e espero que estedes todos ben.

Para iniciar aos rapaces na papiroflexia, mándovos un enlace a unha páxina web para realizar figuras de animais coa axuda dos papis. Desexo que vos guste.

Enlace

 

Tamén vos mando unhas fichas de repaso de trazos (en un arquivo á parte) adaptadas aos nenos de 3, 4 e 5 anos. Podedes elexir as que máis vos gusten.

Bicos,

María Luisa

Tareas día 14/04/2020

Bos días familias, as vacacións na casa de Semana Santa xa remataron, e o estado de alarma en principio continúa ata o 26 de abril, 2 semanas máis, que debemos permanecer na casa sen saír.

Espero que estedes tod@s ben  de saúde e tamén de ánimo, despois de tantos días confinados, e esta volta ao cole a través do ordenador farémola pouco a pouco.

Non quero que vos agobiedes, @s nos@s nen@s son nen@s de 4-5 anos, e moito tempo por diante para aprender cando nos deixen voltar a clase con seguridade.

Por exemplo, no relativo a lecto-escritura, a volta das vacacións tocaríanos aprender unha nova letra, sen embargo iso farémolo cando voltemos a clase, todos xuntos e coa vosa profe e así poidamos aprender convenientemente. Ademais non quero que vós, as familias, teñades máis traballos dos que xa tedes, neste sentido repasaremos o que xa aprendimos e veremos contidos novos dunha forma sinxela e espero que entretida.

Mandarei cousas novas para traballar e manter unha rutina diaria. Recórdovos que son suxerencias e non son obrigatorias.

 

Para comezar co bo ánimo invítovos a escoitar esta mensaxe de dos bombeiros de A Coruña.

 

 Video Bombeiros

 

-Para repasar os números mándovos esta manualidade(foto), despois cada nen@ porá dentro calquera cousa, segundo o número e así contamos.

 

 

-Traballar con plastilina, facendo churros, con eles faremos a forma dos números dende 1 ata o 7.

 

 

 

-Se temos lá e macarróns, podemos pintalos de distintas cores ( con rotuladores, con pintura de dedos…) e facemos un colar seguindo esta orde: 1 vermello, 2 azuis, 3 amarelos, 4 verdes, 5 laranxas….(a orde da cor da igual). Deste xeito tamén contamos.

 

-Tamén podemos facer “mandalas” con distintos tipos de pasta:

Materiais: -prato de papel

               -pegamento ou cola

               -distintos tipos de pasta de cores.

 

 

 

Estes son modelos, podedes facelo dando outras formas, pero contade tamén segundo vaiades poñendo os tipos de pasta.

 

 

 

-Por último, enchemos de cor cada un dos números que vos mando, como queiramos, facendo puntos co rotulador, raias, círculos, estrelas, cada número dunha forma diferente.(ficheiro adxunto)

 

 

 

En Kalandraka TV hai contacontos para nen@s.... Xa teñen varios títulos e pódense ver coma se fose unha sesión de contacontos. Botádelle unha ollada.

 

Por esta semana xa está, se sodes capaces de facelo todo ou o que queirades.

Unha aperta moi grande da vosa titora,

                                                                       Maite.

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola, familias! Son María Luisa e desexo que estedes todos ben. Podedes traballar voluntariamente estas fichas de adiviñas de animais, que poden colorear despois.

Tamén vos envío o conto “Los tres cerditos” e varias fichas para elixir a que máis vos guste.

Moitos biquiños.

Tareas

3/04/2020

 

Hola familias, hoxe comezamos as vacacións de Semana Santa, polo que esta nota é para:

-Se mirades a páxina principal da web do colexio, veredes que as notas d@s alumn@s xa están postas. Dende hoxe podedes velas coa aplicación “abalar móvil”. Na web do colexio hai unha explicación de como facelo.

As notas en papel entregarémolas tan pronto nos deixen incorporarnos ó cole.

-Non hai tarefas novas, creo que xa traballastes moito e sodes merecedores dun bo descanso, aínda que teñamos que seguir na casa, non o olvidedes NA CASA.

 

Felices vacacións, ánimo e moita forza familias, á volta voltamos a falar, a ver como segue a situación.

Espero que nos vexamos pronto, unha aperta grande para tod@s pero sobre todo para @s meus peques.

                                                  A vosa titora, Maite.

 

 

Anímovos a rematar a semana con esta canción.

video canción

 

2/04/2020

 

Bos días familias, hoxe é o día do libro infantil e xuvenil. No apartado “Biblioteca” da nosa web, podedes ler algún dos contos que se propoñen. Despois poden copiar o  título do conto, como facemos nós no plan lector e facer un debuxo ( como nos saia). Se o título ben con letras minúsculas, vós, mamás e papás, poñédello en MAIÚSCULAS, que é como o copiamos.

Tamén vos propoño colorear esta ficha coas letras de PRIMAVERA.

Coidádevos moito, seguimos resistindo, a vosa titora,

                                                                                           Maite.

Distribuir contido