Actividades e recursos recomendados para o tempo de confinamento na casa

Actividades recomendadas

Os teus profesores recomendan que durante estes días do COVID 19 , ademáis de axudar nas tarefas domésticas e aproveitar para recoller ben a túa habitación, SIGAS COA RUTINA DO TEU HORARIO DE CLASES.

 En cada asignatura podes :

 repasar nos libros , volver ler o que fixemos na clase, facer de novo as actividades das libretas, ler un bo libro ou ver unha boa película no tempo do Plan Lector, bailar unha coreografía na hora de Edu. Física ou pintar na hora de Plástica.

 A partir do luns día 16/ 03/2020 haberá diferentes links para poder REPASAR os contidos das diferentes asignaturas. Poderás acceder a eles na marxen esquerda desta páxina web pinchando no teu curso.

 EDUCACIÓN INFANTIL                        EDUCACIÓN PRIMARIA                                 ESPECIALIDADES

 

RECURSOS EDUCATIVOS EN TELEVISIÓN

A partires do luns 23 de marzo de 2020, o alumnado de entre 6 e 16 anos poderá continuar coas clases con ‘Aprendemos en casa’. Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e en La 2 de TVE.

O Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración con Radio Televisión Española (RTVE) pon en marcha esta iniciativa para paliar parte das horas lectivas do alumnado e facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da asistencia aos colexios motivada polo estado de alarma para conter a propagación do coronavirus.

Tamén podes acceder online:

Aprendemos en casa de 6 a 8.     Aprendemos en casa de 8 a 10.      Aprendemos en casa de 10 a 12.

 

A segunda canle da TVG emitirá contidos educativos de luns a venres

A programación foi ideada en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e o seu obxectivo é facilitarlles aos estudantes un complemento aos contidos que están recibindo dos centros de ensino. Estes contidos emitiranse de luns a venres, de 11.00 a 13.00 horas.

Programación

Luns 23

Martes 24

Mércores 25

11:00 h - ERA UNHA VEZ O HOME: ERA UNHA VEZ O HOME 1

11:30 h - ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES

11:55 h - AQUELANDO TAMÉN QUEDO NA CASA

12:05 h - XEOCLIP

12:05 h - CRIATURAS

10:55 h - ERA UNHA VEZ O HOME

11:25 h - ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES

11:50 h - AQUELANDO NA CASA

12:05 h - AQUELANDO

12:35 h - XEOCLIP: O modelado e as formas glaciares no Courel

12:40 h - XEOCLIP: Formación de acantilados. (Praia das Catedrais)

12:45 h - CRIATURAS

11:00 h - ERA UNHA VEZ O HOME: ERA UNHA VEZ O HOME 3

11:30 h - ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES

12:00 h - AQUELANDO TAMÉN QUEDO NA CASA

12:10 h - XEOCLIP

12:20 h - CRIATURAS

 Se perdes algún capítulo pica nestes enlaces: ERA UNHA VEZ O HOME,     ERA UNHA VEZ OS EXPLORADORES,    AQUELANDO,     XEOCLIP ,     CRIATURAS