A MOCHILA VIAXEIRA
Ola nenos e nenas! Son a Bruxa Libruxa, e como cada curso teño a importante misión de conseguir que difrutedes da maxia da lectura e que vivades e compartades momentos moi divertidos e de ilusións, a través dos libros da nosa biblioteca.
Por este motivo, un curso máis, puxen en marcha a actividade da mochila viaxeira, dirixida aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Esta mochila viaxará de casa en casa cada venres, chea de pequenos tesouros, como son os libros. Espero que a coidedes e que disfrutedes das lecturas propostas.
UN SAÚDO DA BRUXA LIBRUXA!