Samaín 2022: Exposición de cabazas.

 

 

O vindeiro mércores 26 de outubro comezará a exposición de cabazas do "Samaín 2022". Se expoñerán nos corredores do 1º e 2º andar.

Podedes descargar o díptico con toda a información picando na imaxe da esquerda. Se o imprimes poderás colorear as imaxes incluídas.

Lembra poñer unha etiqueta branca co título da obra, o teu nome e o curso no que estás. Recorta un anaco de folio de 8 cm x 4 cm para utilizalo como etiqueta.

Animádevos a participar! seguro que vos sairá unha cabaza de medo!

 

 

   Nota: as cabazas deberán retirarse ao remate da mañá do venres 28 de outubro.