INFORMACIÓN - EQUIPO COVID (act. setembro 2021)

 

Informamos para a súa tranquilidade que, cos datos de que dispoñemos a día de hoxe, o alumnado e profesorado non está a vir ao colexio cando calquera membro da unidade familiar se atopa á espera de PCR ou ata que o resultado da mesma é negativo.

 

Pedímosvos que sigades colaborando con nós na prevención de posibles contaxios co control diario de síntomas antes de vir ao colexio; a prudencia á hora de decidir se os vosos fillos/as quedan ou non na casa cando existe a posibilidade de que estiveran en contacto estreito cun positivo; a comunicación cos titores/as e coordinadora Covid informando das posibles incidencias; co cumprimento prudente das indicacións sanitarias á hora de decidir a incorporación ás clases despois dun confinamento; a axilidade á hora de recoller aos vosos fillos/as, evitando os agrupamentos con outros pais/nais.

Unha proba de autodiagnóstico positiva, consíderase caso sospeitoso pero non positivo, ata confirmación mediante PCR. (Quedará na casa ata confirmación diagnóstica).

 

Agradecemos as medidas preventivas das familias que xunto ás tomadas polo centro complementan a protección da Comunidade Educativa.

 

Equipo Covid