INFORMACIÓNS DE COMEZO DE CURSO 2020/21

Ola, son Cristina, a titora dos vos@s fill@s, espero que todas as familias esteedes ben. Comezo un novo curso, con novo grupo con moita ilusión e ganas. Ante a imposibilidade de levar a cabo as reunións de inicio de curso de maneira  presencial, debido á situación que estamos a vivir e seguido as instrucións da Consellería de Educación, a  continuación  recollo unha serie de información e normas de inicio do curso 2020/21

ENTRADA E SAÍDA

Entrada : 9.05                  Saída:13.45

Tanto as entradas como as saídas realizarase pola zona dereita do portalón da rúa  Boa Vista. É moi importante ser puntuais e respectar os horarios establecidos. En ningún caso, as familias poderán acceder o centro. Serán os titores os que acompañaran os nen@s á súa aula. No caso de chegar tarde e o portalón  se atope pechado  accederase pola porta principal do centro (Avda de Oza).

Pedimos que nos entradas e nas saídas manteñan a distancia cas outras familias.

 NORMAS:

  • MÁSCARA: non é obrigatoria ata 1 de E.PRIMARIA. Pero nos, o Equipo de Educación Infantil, consideramos que é mi motivación recomendable o seu uso. Por uso precisarán traer un estoxo porta-mascaras cunha  de reposto 
  • XEl HIDROALCOHÓLICO cada nen@ traerá, na súa mochila, un bote xel hidroalcohólico para o seu uso persoal. A desinfección de mans levarase a cabo cinco veces ó día: ó entrar en clase, antes de saír ó recreo, despois do recreo e antes da merenda, despois da merenda , antes de saír do cole e outras circunstancias que o requiran.
  • AULAcada grupo terá a súa aula. Na aula cada nen@ terá asignado un sitio. Na cadeira colocará o seu  abrigo e a súa mochila. Dentro da aula haberá subgrupos de cinco nen@s máximo, respectando en normas establecidas no protocolo COVID-19.   Cada nen@ terá  asignado un sitio. Non poderán tocar ni manipular ou tocar: o pasamáns, ventás, pomos de portas, interruptores de luz, mobiliario. (recordádello na casa)
  • A MOCHILA:  traerán todos os días (para o seu uso persoal)
    • A merenda, según recomendación doutros anos
    • Botella de auga.
    • Panos de papel. Non haberá papel hixiénico.
    • Xel hidroalcohólico.
    • Máscara reposto nun estoxo – porta máscara.
  • O MANDILÓN, como ata agora, , traerano e levarano todos os días  da casa.
  • RECREO: Cada grupo terá asignado una zona no patio de recreo. Non poderán xogar con outros nen@s doutros grupos, soamente co seu grupo de convivencia.
  • BAÑO: Establecerase horarios para poder ir ó baño, dado que non poden coincidir  con outro neno. Irán de un en un.
  • PSICOMOTRICIDADE. A clase de psicomotricidade non comezará ata o mes de outubro. Xa avisaremos do día para que veñan en chándal e tenis. 

TITORIAS: Levarase a cabo por teléfono previa cita a titora a través da aplicación ABALAR móbil. O horario de titoría será os luns de 16 -17h .

PROFESORADO:

o Titora: Cristina

o Mestra de apoio (música, plástica, psicomotricidade): María Luisa.

o Relixión católica e Relixión evanxélica: sen nomear.

o Valores: a titora

MATERIAL DO ALUMNADO

O material traerano  cada nen@ os dous primeiros días  de curso. Os libros levarán o nome do nen@.

 

AVISOS COVID-19 AO CENTRO

É responsabilidade dos titores  legais do alumnado a toma de temperatura  cada maña. O alumnado non acudirá o colexio se manifesta algún síntoma compatible con COVID-19 (febre 37,5°, malestar, tose sexa, dolor de cabeza  dificultades respiratoria e outros síntomas compatibles co COVID-19). Ante calquera incidencia, dúbida ou aviso relacionado con virus, tanto do alumnado como do seu grupo de convivencia deberá ser comunicado, na maior brevidade posible ao teléfono  881880822. 

Un saúdo da titora

Cristina