Comezo de curso 2020-2021

 

Titorial de acceso á Aula Virtual

 Se necesitas axuda para acceder á Aula Virtual, podes ler este breve Titorial. O titor de cada alumno comunicará o nome de usuario e o contrasinal necesarios para poder acceder.

 

 

 

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á COVID

Para acceder ao Protocolo de adaptación á COVID pincha eiquí.

 

 

DECLARACIÓN RESPONSABLE

O pasado venres día 4 de setembro a Consellería de Educación publicou o Modelo de declaración responsable, polo que as familias se comprometen a facer a "Enquisa de Autoavaliación clínica do COVID  aos seus fillos. Os titores son os encargados de recoller esas Declaracións.

 

 

 

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN DIARIA DO ALUMNADO

Có fin de facilitar ás familias o control do estado de saúde do alumnado, a Consellería de Educación publicou unha Enquisa de Autoavaliación (Actualizada o 25-09-2020) que podedes atopar neste enlace.

 

 

 

Protocolo COVID-19

  • Os titores están contactando coas familias proporcionando información útil á espera de poder facer  unha reunión.

 

  • Seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o colexio en coordinación coa ANPA esta mos perfilando o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Será presentado ao Consello Escolar e en canto estea aprobado será publicado.

 

 

O máis destacados para o noso alumnado é:

EQUIPO COVID                

Na escola contaremos cun Equipo que será o encargado de comunicar calquera incidencia tanto a vós como ás vosas familias.

Este Equipo está formado por:

-Teresa(Orientadora e coordinadora)

-Profe María Luisa(Infantil)

-Profe M.ª José del Río (Primaria)

 

QUE FAGO ANTES DE IR AO COLE?

PREPARO A MOCHILA    

Na mochila teredes que meter:

• O material que precisamos

• A axenda. (E.P)

• O estoxo. (E.P)

Una bolsa ou caixa para gardara máscara co nome.(E.P. e E.I) e unha máscara de reposto.                                                  

• Almorzo para o recreo. (E.P e E.I)

• Unha botella de auga. (E.P e E.I) unha máscara de reposto.

• Paquete pequeno de panos (E.P. e E.I)

Ata novo aviso non poderedes traer á escola xoguetes, cromos, cordas, balóns...

 

COMO ME SINTO HOXE?

Todas as mañás, comprobaremos a nosa temperatura, se temos tose...

Se tedes algún síntoma teredes que quedar na casa ata que o voso pediatra o diga.

Se non tedes ningúnsíntoma podedes vir á escola

SÍNTOME FENOMENAL, ASÍ QUE... Á ESCOLA!

 

XA ESTOU NO COLE, E AGORA QUE?

 

COMO ENTRAMOS?

Educación Infantil, 1º e 2º  de  Primaria

Entraredes por rúa Buenavista.

Esperades na fila de puntos rosas indicada e en fila respectando a distancia de seguridade iredes directamente para a vosa aula.

3º,4º,5º,6º de Primaria

Entraredes polas portas indicadas na Avenida de Oza.

Esperades na zona de puntos amarelos indicada do teu curso e en fila respectando a distancia de seguridade iredes directamente para a vosa aula.

Diríxome á miña aula procurando tocar o menos posible paredes, interruptores da luz, mobiliario común, portas, pomos ...

Nos accesos estará sempre un/unha mestre/a para axudarvos e guiarvos, para que saibades en todo momento que tedes que facer e vos sintades acompañad@s e segur@s.

 

 

NA AULA

 

• Vou ao meu sitio onde colgo a miña chaqueta na cadeira/colgadoiro e deixo a mochila no meu posto.

• Desinfecto as mans ao entrar na aula.

• Teño que lembrar que non podo prestar o meu material.

• Se usamos algo comúnteremos que limpalo antes e despois do seu uso.

• Merendaremos nas aulas, as merendas serán saudables como en cursos anteriores, e non podemos compartir nada cos compañeiros.

• Lavaremos as mans con auga e xabón ou desinfectarémolas con xel, antes de merendar, antes e despois do recreo, antes de baixar ao comedor, cada vez que usemos o baño, e sempre que sexa necesario.

• É recomendable en Infantil e obrigatorio en Primaria o uso da máscara tamén dentro da aula; é recomendable en Educación Física sempre que sexa posible.

Nas aulas e en todas as dependencias do cole, contaredes co material hixiénico necesario: panos desbotables, xeles, papeleiras...para garantir a máxima hixiene.

Mestres e mestras estaremos pendentes para axudarvos en todo momento e recordarvos as normas hixiénicas e sanitarias, se tedes dúbidas preguntade o que precisedes.

 

 

 

FORA DA AULA Sempre que saias tes que recordar dúas cousas:

 

                                                 

Leva ben posta a túa máscara.

É recomendable levala tamén en Infantil            

Educación Primaria ten que levala en todo momento

                                                                  

Mantén a distancia

 

 

 

QUERO IR AO BAÑO

Os aseos utilízaranse segundo a plantado cole na que nos atopamos, independientemente do sexo,de tal xeito que un baño está aberto mentras limpan o outro.

Os baños teñen un aforo limitado, polo que non podemos ir todos a un mesmo tempo.

Cando precisedes ir ao baño tedes que saber:

-Se hai mais nenos tedes que esperar,respectando a distancia mínima.

-Intentaredes estar o tempo imprescindible.

-Tedes que lavar as mans despois de ir e utilizar as papeleiras

 

 

 

 

TEMPO DE RECREO

                                                                    

Acudiremos ao patio cando o tempo o permita; de non ser así, quedaremos nas aulas, patio cuberto, ximnasio .

No patio xogaremos nos espazos asignados: Os primeiros días os profes recordarannos onde temos que xogar.

Non podemos usar material ( balóns, cordas....), como xa sabedes non podemos traelos á escola.

Para movernos polo centro temos que levar sempre a máscarA

 

A COMER!

                

Acudiremos ao comedor acompañados polos monitores, en orde e respectando a distancia mínima de seguridade, para transitar pola escola temos que levar posta a máscara. Colocarémonos nos espazos asignados a nosa aula, non poderemos deambular polo comedor, se precisamos algo teremos que pedirllo ao persoal colaborador.

Unha vez colocados no noso sitio podemos sacar a máscara e gardala dentro da bolsa ata que rematemosde comer.( Recoméndase que a utilicen entre primeiro e segundo prato, e ata que lle sirvan o postre).

 

 

 

MARCHAMOS PARA A CASA

Agardaremos a orde do profe que nos acompaña, en fila respectando a distancia de seguridade e saímos polo mesmo sitio polo que entramos.

A persoa que vos recolla estará esperándovos  coa máscara posta e unha  vez esteamos fora non podemos quedarnos nos accesos interrumpindo as saídas.

 

 

E SE ESTOU NA ESCOLA E NON ME ATOPO BEN?

1. Aviso ao mestre

2. Na escola teremos un espazo habilitado para estes casos. Un membro do equipo Covid do cole acompañaranos a esta sá para avaliar os nosos síntomas e contactar coa nosa familia.

3. Neste espazo non podo estar con outro compañeiro, soamente poderei estar cun mestre.

4. Chamaremos a casa para informar, para que veñan a buscarvos e seguiremos as instrucións que nos fagan chegar do centro de saúde.

 

 

 QUE PODO FACER PARA PREVIR A TRANSMISIÓN?

Lava con frecuencia as mans con auga e xabón ou con xel.
Emprega a máscara sempre, so podes quitala na aula se estás en Infantil.
Mantén a distancia de seguridade.
Se te encontras mal queda na casa.
Evita tocar ollos, nariz e boca.
Para tusir ou esbirrar tapa o nariz cun pano desbotable ou faino na flexura do cóbado.

 

 

Os días 10 e 11 de setembro terá lugar o comezo de curso.

O xoves día 10 comezan:

4º de Educación Infantil (3 anos), Período de adaptación. Entrada e saída por rúa Buenavista.

5º de Educación Infantil (4 anos), de 9:05 a 13:45 horas. Entrada e saída por rúa Buenavista.

1º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:50 horas. Entrada e saída por rúa Buenavista.

2º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:55 horas. Entrada e saída por rúa Buenavista.

3º de Educación Primaria, de 9:00 a 13:55 horas. Entrada e saída por porta principal de avenida de Oza.

O venres día 11 comezan:

6º de Educación Infantil (5 anos), de 9:00 a 13:45 horas. Entrada e saída por rúa Buenavista.

4º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:50 horas. Entrada e saída por porta principal de avenida de Oza.

5º de Educación Primaria, de 9:00 a 14:00 horas. Entrada e saída por porta secundaria (con escaleiras) de avenida de Oza.

6º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:55 horas. Entrada e saída por porta secundaria (con escaleiras) de avenida de Oza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
AdxuntoTamaño
enquisa_de_autoavaliacion profe-alumnado.pdf427.92 KB
Titorial acceso aula virtual_6.pdf152.14 KB
Modelo_Anexo_V._Plan_adaptacion_ao_contexto_Covid definitivo.pdf1.46 MB