Día do Medio Ambiente

Día do Medio Ambiente

 

 

 

 

  

Bos días familias, hoxe, como xa vos contei o luns, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

A data de inicio coincide coa celebración  da Conferencia de Estocolmo do ano 1972, no que o tema principal foi precisamente o medio ambiente. Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972.

Tan importante como é o noso medio, e @s nos@s pequen@s que son moi listiños enseguida aprenden que cousas poden facer para axudalo.

Nos momentos que vivimos, os medios de comunicación ensínannos como aínda hai moita xente que non o ten presente, mostrándonos imaxes de guantes e mascarillas tiradas no chan en rúas e prazas. Seguro que algunha vimos nos nosos paseos. Por iso e tan importante que dende pequen@s aprendan a coidar do medio ambiente, non é tan difícil, e @s nos@s nen@s aprenden axiña.

Por iso vos mando estes 2 vídeos para que os vexades con eles, espero que vos gusten.

                                                                                                        

Reducir, reutilizar e reciclar

 

La contaminación del mar  

 

Agora un par de cancións moviditas

 

Ecoloxista   

 

Reciclar   

 

A ver @s nos@s nen@s agora que aprenderon, no día a día se o interiorizaron, xa me contaredes, unha aperta moi grande para tod@s as familias, a vosa titora, 

                 Maite.