Skip to Content

Complementarias

Entroidadas

Cada día da semana teredes que seguir estas premisas: 

O LUNS, día máis traballador, ven á escola cunha flor.

O MARTES, se guapo/a queres estar, unha gravata debes levar.

Se o MÉRCORES te queres divertir, cun mandil tes que vir.

Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2021

Como cada 30 de xaneiro (neste caso o 29) conmemoramos no cole o Día Escolar da Non Violencia y da Paz

Este ano polo protocolo COVID non puidemos celebrar todos xuntos, como nos gusta! Así que fixemos dous murais colaborativos e un traballo de investigación sobre diversos Premios Nobel da Paz.

Este é o resultado.

Esperemos que moi pronto poidamos volver a facer actividades conxuntas.

Magosto 2020

O Magosto no foi a festa que tanto nos gusta pero, a pesares das circunstancias, non deixamos de celebrar esta tradición galega e degustamos sabrosas castañas que o profe Peque asou para nós. Que ben nos souberon!! Moitas grazas!

Como non puidemos facer xogos, a profe María, Borja e Lucio (o conserxe que substitúe a Julio) amenizáronos cunhas pezas de música tradicional. Que ben soaba!!

Ademais contamos cunha preciosa exposición sobre instrumentos tradicionais, que podedes ver no seguinte vídeo, cedida pola asociación "Pésdebarro" Mil grazas!! 

Día da bici 2020

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

A igualdade non ten truco!

A igualdade é un dos piares nos que se basa o traballo diario no noso cole. Sempre nos esforzamos por demostrar que todos, independentemente do xénero, podemos facer o que desexemos. Ben sexa no deporte que practicamos, nos xogos aos que xogamos ou nas profesións que elixiremos nun futuro...

No mes de marzo facemos especial fincapé e dedicamoslle varias actividades á visibilización das mulleres.

Nesta ocasión, foi un espectáculo de maxia. Tradicionalmente as mulleres neste tipo de espectáculos desenvolvían o rol de axudantes, pero hoxe comprobamos que tamén as mulleres poden facer máxia!

Ademais de falarnos de igualdade fixeron uns trucos incribles!

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Canal Rías Baixas | Un espectáculo de maxia conciencia sobre a igualdade de Xénero no CEIP P de Rubiáns

Faro de Vigo | Los niños de Rubiáns trabajan la igualdad a través de la magia

La Voz de Galicia | Maxia pola igualdade

Ledicia Costas visita Rubiáns

Dentro do proxecto O Faro da Escola, tivemos a sorte de contar coa visita da escritora Ledicia Costas

Ledicia veu a falar do seu libro "Conexión macarrón" pero ademais falounos de un montón de extraterrestres que nos impresionaron moitisimo.

Contestou a todas as nosas preguntas con moito cariño e dedicounos os nosos exemplares. Pasamos un rato moi agradable con ela!

Graciñas Ledicia por falar para todo o cole!

O sabor da aventura está no mar 2020

Como xa sabedes o noso cole é un cole saudable; dámoslle moita importancia á alimentación e por iso participamos nos Proxecta que oferta a Consellería relacionados con hábitos saudables.

Dentro do programa "Aliméntate ben" hoxe recibimos no cole aos Arroases e a Luís, o mariñeiro; Mariña, a marisqueira e á bióloga para realizar o obradoiro "O sabor da aventura está no mar".

Cos nosos amigos os Arroases fixemos uns xogos moi chulos cos que aprendemos unha morea de cousas sobre alimentación saudable, o coidado do medio ambiente e lembramos os superpoderes que nos aportan.

Día da Paz 2020

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Nesta ocasión recitamos unha poesía que expuxemos nunha mega pancarta colgando da fachada do cole e cantamos a canción "De ellos aprendí" relacionada tamén co noso proxecto anual "Sabela, cámara e acción"

Aproveitamos para estrear as camisetas co debuxo realizado por Kevin, gañador do concurso "Deseña a túa camiseta de igualdade". Quedaron preciosas, non si?

Distribuir contido


by Dr. Radut