Skip to Content

Taboleiro

CAMPIONATO PROVINCIAL

De novo volveron a clasificarse as rapazas do equipo benxamín feminino. Representarannos as 6 primeiras en chegar á meta na carreira celebrada en Portas o pasado día 29 de xaneiro: Blanca, Alba, Lucía, Andrea, Aldara e Oihana.

Vémonos en Porriño o vindeiro domingo 17 ás 10:45.

 

 

Chegou o Entroido a Rubiáns

Onte celebramos o Entroido no colexio. O tema elexido para este ano era a arte, e como non, había moitísimos pintores, arlequíns, O grito, Sevillanas, O kimono... ademais dos habituais animais, nenos vestidos de nenas...

Antes de baixar ó recreo merendamos os doces típicos que troxeron os nenos para compartir cos seus compañeiros. Máis tarde bailaron todos xuntos e desfilaron para que todos visen o guapos que estaban.

Os profes non podíamos ser menos e tamén nos vestimos de pintores. E Sabela? Tiña que vestirse dun pintor importantísimo, así que elexiu a Velázquez e, por certo, estaba guapísima.

 

Entroido: Que guapos estabamos todos!Entroido: Que guapos estabamos todos!

UNHA VISITA INESPERADA

Onte tivemos unha visita inesperada. Atopamos no noso patio unha píntega, aínda que é máis coñecida polo seu nome castelán: salamandra. Como non podía ser doutro xeito collémola con moita precaución e pasou por todas as clases e grazas a ela aprendemos moitas cousas sobre os anfibios.

Despois soltámola de novo na natureza.

UNHA VISITA INESPERADA

2015 IDEAS PARA CAMBIAR O MUNDO

Esta semana desenvolvemos o taller "2015 ideas para cambiar o mundo" da man dunha monitora de FETE-UGT e financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), no que se pretende escoitar as ideas e propostas dos nenos para solucionar os problemas que nos rodean e desenvolver actitudes para a construcción dunha cidadanía responsable.

CINCENTA

O martes día 20 o alumnado de EI e 1º ciclo de Primaria realizou unha doble actividade.

Comezaron cunha visita ó porto de Vilagarcía na que se achegaron ó funcionamento do porto e as actividades que alí se desenvolven.

Logo, asistiron á representación teatral de Cincenta no auditorio.

Todos chegaron contentísimos con esta experiencia.

OS DEREITOS DOS NENOS

O pasado martes día 20 celebrouse no Concello de Vilagarcía de Arousa un pleno infantil para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos. O noso colexio estivo presente representandonos con 3 concelleiros. Alí fixemos propostas para defender os dereitos dos nenos e peticións para mellorar o noso entorno.

PLENO INFANTIL

20/11/2012 10:00
20/11/2012 12:30
Etc/GMT+1

O alumnado do 6º curso asistirá un ano máis á celebración do Pleno Infantil que ten lugar o Día dos Dereitos dos Nenos no Concello de Vilagarcía de Arousa.

 

CINCENTA

20/11/2012 10:50
20/11/2012 14:50
Etc/GMT+1

O alumnado de EI e 1º ciclo de Primaria, asistirán á representación teatral de Cincenta no auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Este mesmo día realizarán unha visita guiada ó Porto de Vilagarcía.

CONCURSO DE DEBUXO: ASOCIACIÓN MICOLÓXICA CANTARELA

Un ano máis participamos no concurso de debuxo organizado pola Asociación Micolóxica Cantarela.

As gañadoras desta edición son:

* Zaira Villar Castromán (1º ciclo)

* Judith Fernández Barcala (2º ciclo)

* Leticia Angustia Rubianes (3º ciclo)

CONCURSO DE DEBUXO: ASOCIACIÓN MICOLÓXICA CANTARELA
Distribuir contido


by Dr. Radut