Skip to Content

Responder ó comentario

Axudas distribución de máscaras entre o alumnado

 De acordo á Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como, en centros privados concertados no curso 2021/22 (DOG n.º 218, do 12.11.2021)

 informamos de que:

  • O alumnado que foi beneficiario este curso de axudas para material escolar recibirá máscaras SEN necesidade de cubrir ningunha solicitude.

  • Aquel alumnado non beneficiario de axudas de material escolar e pertencente a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, terá de prazo dende hoxe ata o 26 de novembro para presentar a solicitude de forma presencial no centro.

 Instruccións para as solicitudes:

 -Anexo I: Participación no procedemento de distribución de máscaras (ED330E)

 -Anexo II: Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

 

O formulario de solicitude pódese recoller no centro ou está dispoñible, a través da sede electrónica, na seguinte ligazón:

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E

 Nos documentos adxuntos poden acceder á Orde e descargar os anexos da solicitude para presentar no centro xunto coa documentación complementaria que se require en cada caso.

 

AdxuntoTamaño
Orde 28 de outubro 2021.pdf11.51 MB
Anexo I e II -ED330E -Máscaras.odt258.6 KB

Responder



by Dr. Radut