Skip to Content

Actividades

Festa do Deporte: Balonmán

Un ano máis rematamos o curso coa nosa Festa do Deporte; nesta ocasión achegámonos ao balonmán da man do clube Balonmán Arousa.

A chuvia tentou amolarnos o día, pero non foi quen de conseguilo. En quendas todo o alumnado foi pasando polo ximnasio e realizando xogos, exercicios e partidiños que lles propoñían o adestrador e un dos xogadores do clube.

A experiencia soubo a pouco, así que en canto o tempo o permita haberá que xogar un partidiño no patio.

Agradecémoslle ao Clube Balonmán Arousa a súa colaboración.

Exhibición de Patinaxe

Aínda que o curso está a piques de rematar seguimos traendo ao cole persoas que nos amosan novas cousas para nós. Nesta ocasión foi o turno de Lorena Parada, subcampiona de España junior de patinaxe Inline Freestyle, na modalidade de salto; campiona de Galicia junior de salto e subcampiona de Galicia junior de Battle.

Lorena comezou explicando as modalidades de patinaxe Freestyle que existen e en que consiste cada unha delas e en que consisten as competicións das distintas modalidades. Despois, entre todos tivemos que ir decíndolle que proteccións tiña que poñer, e cando estivo xa ben equipada fíxonos unha demostración de diferentes pasos da modalidade de Slalom e despois xuntounos nunha coreografía que nos gustou moito.

Pero a cousa non quedou aí. A súa especialidade é o salto, polo que non podía marchar sen demostrar o que sabe facer. Comezou saltando 50cm, e aumentando a altura de 5 en 5 centímetros foi incrementando a dificultade e deixándonos a todos abraiados co que é quen de facer. Chegou a saltar 90 cm e díxonos que o seu record está en 1,01m. O profe Santi, que facía de speaker amosounos como unha nena de tres anos podía pasar por debaixo. Incríble! Quen é quen de saltar tan alto e máis aínda con patíns?

Moitas grazas por vir, Lorena e que teñas moita sorte no Campionato Nacional!

 

Atletismo

Esta mañá o alumnado de 5º de primaria tivo a oportunidade de achegarse ao atletismo grazas ao programa XOGADE. Pouco a pouco imos retomando a normalidade e nesta ocasión acudimos ás pistas de atletismo para participar desta xornada xunto a outros centros da comarca.

Todo o alumnado o pasou moi ben correndo, saltando lonxitude ou lanzando peso ou vórtex (a versión infantil da xabalina). Oxalá poidamos vivir pronto novas experiencias.

Campo a través 2021

Que ganas tiñamos de saír!

Por fin puidemos saír do cole despois de tanto tempo! E nada menos que para facer deporte. Retomamos as actividades do programa XOGADE e hoxe fomos á carreira de campo a través, que nesta ocasión foi en Catoira.

Como non nos podemos mesturar con outros colexios nin clases tivemos que correr por clases; con todo, pasámolo xenial! Oxalá poidamos facer máis excursións.

Semana Europea do Deporte

A choiva non nos permitiu celebrar as actividades que tiñamos preparadas para conmemorar a Semana Europea do Deporte, así que tivemos que pospoñelas para o primeiro venres que saíu o sol.

Recreamos varios xogos baseados en cadros, por exemplo:

- A pita cega, de Goya.

- O discóbolo, de Mirón.

- Rapaces xogando ao trompo, de José del Castillo

- Saltando á comba, de Sorolla.

- A danza, de Castelao.

- Nenos xogando ás chapas, de Ángel Olarte Arraiz.

 

Así que, ademais de divertirnos moito facendo exercicio, tamén aprendemos sobre arte.

 

Día Mundial sen coches

Na semana europea da mobilidade e para conmemorar o "día sen coches" no cole percorremos unha milla camiñando polo patio.

Como podedes ver no seguinte vídeo fomos "a todo filispín"

Festa do Deporte 2021

Este ano para festexar os hábitos saudables e o deporte tiremos a sorte de contar cun trio de ximnastas do grupo de Ximnasia Rítmica Vilarousa 

Grazas a Antía, Jimena, Yurena e a súa profe por amosarnos as marabillas que sodes capaces de facer. 

Despois tivemos a tradicional entrega de premios. Este ano houbo unha chea de premios espectaculares: os premios da froita, os retos saudables os concursos de robótica e avións... e ata un sorteo dunha tablet!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut