Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

blogue deMirta

SOMOS PORTADA DE LIBROS

No cole conmemoramos o Día do Libro dun xeito moi especial. Trotamundos e o Equipo de Biblioteca propuxemos un xogo: "E se nos convertemos na portada dun libro? Ou poderiamos ser unha personaxe...".

Aquí está o exemplo das orixinais e fermosísimas propostas que nos chegaron. As profes queremos darvos as grazas a todos os nenos, nenas, nais, ao pai de Leo, ao avó de Sara e ás compañeiras do club de lectura. E, como non, facer extensivo o agradecemento ás persoas que se atopaban detrás da cámara.Foi un gustazo!!!!


 

 E por suposto, as de

Chocolate con         tamén participamos.

O dito, que teñades moi

BOAS LECTURAS!!!!!

 

EN MAIO, TAMÉN CHEGA A PRIMAVERA ÁS NOSAS LETRAS

Nuns días celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Para ir quentando motores, imos coñecer cousiñas sobre el e, por iso, compartimos con vós este video feito polos nenos e nenas dun cole ourensá.

E agora, se picades na imaxe, podedes comprobar o que aprendemos.

 

Atentos e atentas, en vindeiros días seguiremos informando.

 

 

AÍ VEN O MAIO

Empezamos MAIO, o mes da primavera e das flores. Celebramos a fin do inverno, o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a alegría de ver o sol brillando no horizonte e “florecen” tradicións como OS MAIOS. Sabedes a súa orixe? Ou como se celebra? En que zonas?

 

Con estes enlaces botámosvos unha man para saber un chisquiño sobre esta celebración:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/tradicions-celtas-romanas-maios/20200501075222096502.html

 

Celebramos esta festa no noso entorno?

Por que se adornan con xestas coches ou entradas das casas?

http://talourcera.blogspot.com/2010/05/la-belleza-de-lo-ordinario-buscando.html

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/fai-xesta-no-teu-carro/20170502193707057090.html

 

Como se celebra ou celebraba en poboacións como Tui ou Tabagón?

http://tudensia.blogspot.com/2020/04/ai-ven-o-maio.html

E á outra beira do río, en Cerveira, se celebra? Como o fan alí?

https://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/36369/claves/Originais-e-coloridas-coroas-de-flores-assinalam-tradi%C3%A7%C3%A3o-d--As-Maias--em-Cerveira

 

Os primeiros cursos de Primaria (vale, se queredes os maiores tamén) tedes esta actividade.

 

E como remate final: MÚSICA.

Empezamos con esta interpretación da Agrupación Musical de Goián da obra “Beltane” composta por Andrés Álvarez, veciño de Goián e ex alumno do noso cole. Pechade os ollos e deleitádevos escoitando.

 

 

Por que pensades que a chamou así? Como é ese calendario celta?

 

https://mundovikingo.com/beltane/

 

https://mundovikingo.com/rueda-del-ano/

 

 

 

Rematamos co poema “O MAIO” de Curros Enriquez nesta fermosa versión musical para celebrar o NOSO MAIO FLORIDO ... E DISTINTO.

 

 


 

A EMPREGAR OS MIOLOS

Seguimos con xogos e pasatempos. Se premedes nas imaxes das portadas  destes contos que hai na Biblio do cole, vos agardan uns crebacabezas. Ánimo e paciencia!!!! 

9 pezas

20 pezas

20 pezas

Estas historias e moitas máis vos agardan no cole para que as disfrutedes LENDO!!!!!!

XOGAMOS COS LIBROS

Apetécevos xogar cos libros da BIBLIO?
A ver canto sabedes dos libros que hai nela.
Premede en cada número e atoparedes un xogo para averigualo.
Lede con atención, pensade e logo contestade.

 

 

 

 

Estes xogos están recomendados para Primaria.

MÁIS ACTIVIDADES PT E AL

Neste enlace atoparedes actividades e xogos para traballar a linguaxe oral.

 

CONTIÑOS PARA VER

RECOMPILACIÓN DE CONTOS

Seguimos a levar a Biblioteca á casa!!! Entrade, botade un ollo e gozade desta recompilación de contos!!!!

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

//Eu quedo na casa a ler //

 

O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron, ou morreron, outros escritores eminentes . Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores e alentarnos a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución das creadoras e creadores ao progreso social e cultural.

 

O Equipo da Biblioteca quere compartir con vós esta curta que trata sobre un neno incrible ao que lle encantaban os libros para... descubrídeo vós.

 

Convidámosvos a crear un libro, pero non un libro calquera, un libro moi moi especial: O VOSO LIBRO!!!

E vos preguntaredes como facelo. Pois aí van algunhas ideas:

Un libro pode ter unha soa folla ou moitas...

... pode ser despregable

ou pender dun fío...

...  ter que xiralo para lelo ou ter un recuncho oculto.

Un libro pode ter só letras, só ilustracións ou ambas cousas.

  

Un libro pode ter distintas texturas e ata cheiros e sons.

Así que xa sabedes:

  • Imaxinade ou pensade o voso libro perfecto, debuxádeo.
  • Recuperade da vosa casa, elementos que non esteades empregando pero que vos gusten ou atraigan por algo ( a súa cor, o seu tacto, o seu cheiro...).
  • Imaxinade a historia, as personaxes, os escenarios...
  • E, mans a obra!!!

 

 

 

 

Ehhhh, que a cousa non remata aquí. A que todos temos un libro especial? Quen non soñou ser protagonista dunha aventura alucinante? Ou viaxar a lugares lonxanos?

Que vos parece se nos disfrazamos desa personaxe ou simulamos a portada do noso libro preferido?

Ollo!! O libro real ten que sair na foto.

Quen se anima? Deixámosvos algunha proba de andar por casa.

     

A proba gráfica podedes enviala:

Ánimo!!!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 16 invitados conectados.
by Dr. Radut