Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

blogue deMirta

SUMAS CON LEVADAS (2 CIFRAS)

Luns, empezamos fortes con MATES e a sumar sen levada!!!! Premede na imaxe e poderedes pilotar este avión que ten que chegar ata as nubes. Este xogo vale para tablet e ordenador.

PROPOSTAS DE RELI PARA A SEMANA DO 18 AO 22

Dádevos unha voltiña por este recuncho: atoparedes dende outros xeitos de abrazar ata unha viaxe virtual.

XOGOS INTERACTIVOS PT E AL

Nesta ocasión compartimos no arquivo adxunto, enlaces a actividades para móbil, tablet ou ordenador. Fixádevos nos códigos que necesitades para poder facelas.

AMAGO DE REGUEIFA

Xa está aquí, xa chegou

este amago de regueifa confinada.

A ver se sodes quen de acertar

o que vos van preguntar!!!


BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

HOXE E SEMPRE!!!!

17 DE MAIO, LETRAS GALEGAS NA CASA

17 de Maio, o noso Día das Letras en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Este ano é un chisco distinto e aínda que pasou o día, non imos deixar de celebralo (hoxe e todos os días).

Empezamos con esta orixinal biografía interactiva creada por mestras do CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar en Ourense.

E agora esta divertida adaptación de "As pitas baixo a choiva" realizada por compañeiros e compañeiras da Escola de Viveiro. Unha chulada!!!

 

Outra actividade chulísima para o alumnado de Primaria que é xentileza das profes do Ben-Cho-Sey (clicade no nome do cole).

E, para rematar, un amago regueifeiro no encerroNon volo perdades!!! Poderedes atopalo en Música!!!!

DE OCA A OCA E TIRO PORQUE ME TOCA!!!

Toca divertirse con esta oca de ortografía e cálculo mental.

A ver quen é o valente!!!!

El juego de la OCABN - Actiludis

 

 

CARVALHO CALERO, MIL PRIMAVERAS MÁIS

Piitas, pitas, pitas!!!! Premede na portada e veredes o que ides atopar.

A que o pasástedes xenial con esta obra de Carvalho Calero? Pois a cousa non remata aquí. Os Bolechas déixannos este agasallo para coñecer un chisco máis a Don Ricardo.

Os Bolechas. Carvalho Calero - O Portal da Lingua Galega

 

E se tedes moitas ganas de chollar, podedes entrar nestes dous enlaces onde atoparedes unha chea de actividades e xogos.

 

Primavera das Letras | Unha iniciativa da Real Academia Galega

 

CEIP de Cedeira | Redondela

Queredes máis? Aí vai outra proposta:

  • Escollede a vosa verba galega favorita. Con ela creade un poema ou facede un debuxo e que a vosa creación saia fóra: colgade da ventá, no balcón ou pendurade no tendal. Sacade unha foto e enviádea aos vosos titores.
  • Lede en galego, cantade en galego pero non só esta finde senón todos os días do ano!!!! Sabedes por que? Por que...

...QUEREMOS FACER UN MONTE DE PEQUENOS XESTOS POLO NOSO IDIOMA PORQUE

"MOITA XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS, PODEN CAMBIAR O MUNDO", como nos di Eduardo Galeano.

 

 

 

 

 

 

SOMOS DETECTIVES

A detective Olivié é unha intrépida investigadora que ten que recuperar uns pergaminos roubados. Para iso ten que percorrer o mundo buscando os números para abrir a caixa forte e recuperar o botín roubado. Le atentamente as preguntas de cada destino, pensa as respostas e sorte. Consello: colle lapis e papel para apuntar os números para abrir a caixa forte.

 

 

SEGUIMOS NA PRIMAVERA DAS LETRAS: MÁIS ACTIVIDADES DE CARVALHO CALERO

Magníficas e orixinais actividades para saber algo máis sobre Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2020.

Empezamos con este preguntoiro musical para lembrar a biografía.

 

PREGUNTOIRO MUSICAL -RICARDO CARBALLO CALERO- LETRAS GALEGAS 2020 ...

 

Continuamos con esta actividade para os primeiros cursos de Primaria ou os nenos e nenas de Infantil cunha pouquiña de axuda. Lembrade os números que vos dan ao final de cada pregunta. Ides necesitalos para chegar ao "tesouro".

LETRAS20 by kyara8 on Genially

Rematamos cun misterio que hai que resolver. Podedes premer na imaxe ou no enlace e a resolver o misterio!!!! Animaivos, ides pasalo xenial!!!!

 

Concursos y premios

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-gal...

DIARIOS CONFINADOS

O alumnado de 5º está ao pé da noticia ainda confinado. Na primeira reportaxe de investigación, a nosa intrépida reporteira Paula Martín amósanos o milagre da vida emplumada.


A nosa segunda reportaxe vén da man de Alejandra que nos fala dunha interesantísima actividade que se realiza no Centro de Alto Rendemento canino situado na "veigha" de Tollo.


Na seguinte reportaxe, a nosa corresponsal Daniela mergúllanos nos segredos da Natureza eoutro milagre de vida, desta vez, peluda.

 

E unha última reportaxe de rabiosa actualidade a cargo da nosa reporteira Natalia coa axuda inestimable do becario da chupeta.

Dende a redacción destes Diarios Confinados agradecemos a colaboración e boa disposición das persoas entrevistadas: Venida, a xefa das quícaras; Marta, Samuel e Kay, o coitado do can que deu todo e máis, do parque canino; á comunidade canina de Figueiró; aos avós e o pequenete que xa non saben que facer por saír da casa (ollo!!! que hai que andar con coidado) e, como non, ás persoas que están detrás das cámaras que son parte moi importante nesta actividade.

Onde está a noticia, aí estamos nós!!!!

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut