Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

blogue deMirta

"Escola de mulleres" de Inma López Silva

O venres 9 de xuño foi a  habitual e última xuntanza do curso dos clubs de lectura do CPI Manuel Suárez Marquier, do IES Antón Alonso Ríos e o "Chocolate con libros" do CEIP Pintor Antonio Fernández .

A cita, na  biblioteca do noso cole.

A autora convidada, Inma López Silva con quen pasamos unha agradabilísima sesión falando da súa "Escola de mulleres".

Mulleres na biblioteca do cole falando doutra muller, Gloria.

Que teñades moi boas lecturas e ata o vindeiro curso!!!!!

 

 

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Secretaría Xeral de Igualdade convocou o IV Concurso de carteis e videos contra a Violencia de Xénero no que podían participar centros educativos de toda Galicia en tres categorías.

No noso cole cinco grupos de 5º e 6º de Primaria confeccionaron distintas obras de arte. Despois dunha reñida votación (porque só se podía enviar un) o traballo elexido para o concurso foi "TRATA COMO QUEIRAS QUE CHE TRATEN"  creado por Sara, Manu, Yannira, Noe, Roi, Tania e Paula de 6º que acadou o 2º Premio Audiovisual da súa categoría.

O venres 25 de Novembro foron recoller o seu premio e participaron, xunto con outros centros de ensino, no minuto de silencio polas vítimas desta lacra. 

O que temos moi claro é que:

NO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!

 

Pica na imaxe para ver todos os traballos do noso cole.

Magosto

O outono é tempo de castañas e magostos. Pasámolo en grande como ben se aprecia no video!!!

Ledicia Costas no cole

O pasado xoves 26 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas. Con ela falamos de "O neno de lume" e compartimos ARTE!!!! Que ben o pasamos!!!!

 

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

Nos arquivos adxuntos atoparedes a información e os impresos necesarios para a solicitude de axudas de material escolar e libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023.

Se tedes calquera dúbida ou dificultade para cubrir os impresos, consultade co Equipo Directivo.

PROCESO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Entre o 1 e o 21 de marzo ábrese o prazo de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.

Este proceso é para o alumnado que entra en 3 anos e o alumnado doutros cursos que cambian de centro.

No arquivo adxunto está toda a información necesaria.

 

Enquisa Aula Madruga. 

QUE VEN, QUE VEN!!!!

Quentando motores para o Entroido!!!!! Lembrade que non hai que mercar nada e buscar o que teñamos por casa. Veña, a poñer a andar a imaxinación e, sobre todo, combinar para arrasar!!!!!

Empezamos coa orde para o LUNS. 

Cada día engadiremos unha orde de estilo e cor!!!!!!

 

 

 

 

 

Lemos en FEBREIRO!!!!

Por fin!!!!! Despois dalgún pandémico atranco, fíxose realidade algo que andabamos argallando dende fai tempo:

botou a andar o CLUB de LECTURA das nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria!!!!!!

Neste pequeno video contámosvos un chisquiño da experiencia. Dende logo que imos continuar porque ENCÁNTANOS LER!!!!!!!  E non pasaran vintecatro horas que xa medrou a participación para a seguinte xuntanza!!!!!

 

Estas son as "conversas que tivemos" con Francisco Castro e  Ledicia Costas

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!!!!!

30 de Xaneiro de 2022: DÍA DA PAZ NA BIBLIO

 

Todas as nenas e nenos do cole puxémoslle cor á nosa árbore da PAZ e deixámola en moi boa compañía lectora.

QUE TEÑADES MOI BOAS E PACÍFICAS LECTURAS!!!!

DÍA DA PAZ:30 DE XANEIRO DE 2022

O alumnado de 5º de Primaria colaborando e xogando.E como non, coa música de Tanxugueiras: non hai fronteiras!!!!!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut