Skip to Content

Trotamundos

15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

 

Neste día homenaxeamos a todas aquelas autoras que en diferentes épocas amosaron coas súas PALABRAS que a creatividade non entende de xéneros. Poesía, aventura, suspense, fantasía... non hai límite para estas mulleres con forza.

 

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!

 

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe é o día dos libros (aínda que pensamos que todos os días son os días dos libros...). 

Compartimos con vós un video con curiosidades deste día. É superinteresante!!!

  

 

Esta é a primeira das nosas superproducións. Este video en clase de Inglés porque nós tamén lemos no idioma de Shakespeare!!!

E aquí temos esta PRECIOSIDADE narrada polos avós e avoas que acuden ao centro de día de Tomiño.

Se premedes no enñace, RECOMENDACIÓNS PARA TODOS OS GUSTOS.

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!

 

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago a nosa escritora por excelencia: Rosalía de Castro.

Todos os nenos e nenas do cole fixémoslle a homenaxe que lle corresponde: espallando os seus versos.

 

Con esta presentación, coñeceredes máis sobre ela.

Botades un ollo?

 E para rematar, música.

 

Vai por ti, ROSALÍA!!!!!

O chuvasqueiro de Aurora

25 de NOVEMBRO: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

O alumnado de 6º de primaria adaptamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora", unha historia de superación que podemos atopar na Biblio do cole.

Este conto foi un agasallo da nosa veciña María Alonso Seisdedos que o traduciu ao galego. Grazas, María!!!!

Esta é a nosa gotiña que non esvarará polas nosas vidas, ben seguro!!!! Xuntos e xuntas, somos máis fortes!!!!

 

 

Xa neste 2021, recibimos un agasallo moi especial!!!!

 

 

Moitas grazas, a Ed. Bellaterra por esta Auroriña pequeniña que nos lembra quen somos e o que somos. En vindeiras  datas haberá máis sorpresas, ben seguro.

 

 

24 de OUTUBRO: Día das Bibliotecas Escolares

 As BIBLIOTECAS sempre están AO TEU CARÓN...

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Preme na imaxe e atoparás máis información.

 

...SEXA ONDE SEXA!!!!

19 de Outubro: Día das Mulleres Escritoras

Para conmemorar o Día das Mulleres escritoras, o alumnado de 6º de Primaria comparte con nós estas lecturas que poderedes atopar na Biblio do cole.

E agora esta marabilla de recurso e que, ainda que é para máis maiores, paga a pena velo. Só hai que premer na imaxe.

 

Que teñades unhas moi boas lecturas, sempre!!!!

EU ELIXO O MEU FUTURO

Imos gozar deste fermosísimo traballo de dúas alumnas do cole, Noe e María, dúas grandes lectoras e vemos que tamén creadoras e artistas. Este pequeno gran video amósanos unha grande lección de vida: NÓS somos quen de elexir que queremos ser. BRAVO!!!!!!!!

17 DE MAIO, LETRAS GALEGAS NA CASA

17 de Maio, o noso Día das Letras en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Este ano é un chisco distinto e aínda que pasou o día, non imos deixar de celebralo (hoxe e todos os días).

Empezamos con esta orixinal biografía interactiva creada por mestras do CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar en Ourense.

E agora esta divertida adaptación de "As pitas baixo a choiva" realizada por compañeiros e compañeiras da Escola de Viveiro. Unha chulada!!!

 

Outra actividade chulísima para o alumnado de Primaria que é xentileza das profes do Ben-Cho-Sey (clicade no nome do cole).

E, para rematar, un amago regueifeiro no encerroNon volo perdades!!! Poderedes atopalo en Música!!!!

CARVALHO CALERO, MIL PRIMAVERAS MÁIS

Piitas, pitas, pitas!!!! Premede na portada e veredes o que ides atopar.

A que o pasástedes xenial con esta obra de Carvalho Calero? Pois a cousa non remata aquí. Os Bolechas déixannos este agasallo para coñecer un chisco máis a Don Ricardo.

Os Bolechas. Carvalho Calero - O Portal da Lingua Galega

 

E se tedes moitas ganas de chollar, podedes entrar nestes dous enlaces onde atoparedes unha chea de actividades e xogos.

 

Primavera das Letras | Unha iniciativa da Real Academia Galega

 

CEIP de Cedeira | Redondela

Queredes máis? Aí vai outra proposta:

  • Escollede a vosa verba galega favorita. Con ela creade un poema ou facede un debuxo e que a vosa creación saia fóra: colgade da ventá, no balcón ou pendurade no tendal. Sacade unha foto e enviádea aos vosos titores.
  • Lede en galego, cantade en galego pero non só esta finde senón todos os días do ano!!!! Sabedes por que? Por que...

...QUEREMOS FACER UN MONTE DE PEQUENOS XESTOS POLO NOSO IDIOMA PORQUE

"MOITA XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS, PODEN CAMBIAR O MUNDO", como nos di Eduardo Galeano.

 

 

 

 

 

 

PARA FACER EN FAMILIA

 

Esta semana,conmemórase o DÍA DA FAMILIA. Porque...

Son propostas, totalmente adaptables, para pequenos e maiores, só é preciso DISFRUTALAS. 

 

Esperamos de      que sigades TOD@S moi ben!!! Xa queda menos!!!

 

Agora que se comezou a aliviar este confinamento, aproveitadeo! Podedes probar con algúns dos xogos desta canción. Seguramente xa os coñezades, se non é así, PREGUNTADE A UN FAMILIAR, XA VEREDES COMO SÍ!

 

 

E para descansar e pensar este Video-Conto.

 

PORQUE NON HAI UNHA IGUAL, E PORQUE TODAS SON ÚNICAS, PROPOÑÉMOSVOS…

 

  1. RECREAR A VOSA FAMLIA DE BOTÓNS. Aí van algunhas ideas, podedes tomar algunha ou personalizalas!