Este ano tivemos a gran sorte de poder colaborar coa banda de música de Goián, o coro escolar do centro acompañou as pezas da banda con tres cancións que ensaiaron coas mestras de música nas horas de ler. A actuación tivo lugar na praza do Seixo o pasado 17 de maio para celebrar o día das Letras Galegas. Grande o traballo que fixeron conxuntamente. Aquí vos queda un anaquiño das pezas que soaron.
Trotamundos, a mascota da biblioteca, convídavos a vir á 2ª sesión de Contacontos da Lareira, que versará sobre as "Lendas de Goián", destinada a familias xunto co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Será o 29 de maio, ás 17:15h. Animádevos a vir, ao rematar haberá xogos tradicionais e de auga!!!
Este xoves 27 de abril inaugurouse a lareira da biblioteca enmarcada no proxecto "Lecturas e Familias" cun conto adicado a educación infanti e primeiro ciclo de primaria. Queremos darvos as grazas por a boísima acollida que tivo. Esperamos contar con vos nas vindeiras sesións.