Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Recomendacións

Exposición

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

A mascota do centro "Trotamundos" fai unha serie de recomendacións lectoras. Clica aquí

Actuación Teatral

CUBO, de Elefante elegante #CulturON
Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?
O espectáculo evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura, de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero. As imaxes suxeridas polo texto, a evocación da música e a axilidade do xogo físico crean un universo cómico e poético que viaxa dende a fantasía ata o nacemento da curiosidade humana.
Puede ser una imagen de 2 personas y pared de ladrillo
Data: domingo 20 de novembro.
Horario: 17.30h
Idade: a partir de 3 anos
Lugar: auditorio de Goián
Prezo: 3€ persoas adultas, menores de 12 anos 1.5€

Antonio, o pintor

O Concello de Tomiño convida a toda a comunidade educativa do noso centro a participar na presentación da publicación "Antonio, o pintor".
 

Teatro

DOMINGO: QUIXOTE, de Pedras de cartón. #CulturON

Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Desta volta afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.
Un Velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza.
 Premio Certame Barroco Infantil no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021

Data: domingo 23 de outubro.
Horario: 17.30h
Idade: público familiar
Lugar: auditorio de Goián
Prezo: 3€ persoas adultas, menores de 12 anos 1.5€
 

ERIC CARLE'S DAY

Este Maio do 2021 finaba un autor de contos fantástico, Eric Carle. As súas historias sempre estiveron moi presentes nas nosas sesións de inglés. Por iso, decidimos adicarlle un homenaxe para darlles as gracias polos seus marabillosos contos.

 

O alumando de 6EP contou un par dos nosos contos favoritos, "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?" e " The very hungry caterpillar".

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (antes da PARTE I)

Cos libros podemos viaxar, rir, vivir aventuras, pasar medo (ás veces)... tantas cousas!!!! 

O pasado venres 23 de Abril celebramos a festa dos libros. Pensamos compartir con vós algúns dos libros que nos gustan.

Empezamos as nosas recomendacións cos nenos e nenas de Infantil. Xa veredes que chuladas!!!!

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (PARTE I)

 

 Para quen empeza a gozar da lectura. Que che apetece? Que che lean ou facelo ti? Date unha volta pola Biblio, atoparás estes títulos e moitos máis!!!

CONTOS PARA LER SÓS OU QUE NOS LEAN...

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut