Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actuación Teatral

CUBO, de Elefante elegante #CulturON
Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?
O espectáculo evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura, de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero. As imaxes suxeridas polo texto, a evocación da música e a axilidade do xogo físico crean un universo cómico e poético que viaxa dende a fantasía ata o nacemento da curiosidade humana.
Puede ser una imagen de 2 personas y pared de ladrillo
Data: domingo 20 de novembro.
Horario: 17.30h
Idade: a partir de 3 anos
Lugar: auditorio de Goián
Prezo: 3€ persoas adultas, menores de 12 anos 1.5€


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
page | by Dr. Radut