Skip to Content

Infantil

Calacús

calacú | Mira que din | Portal das Palabras

Estimadas familias,

 

O vindeiro 30 de outubro celebraremos o Samaín, e para seguir coa tradición do concurso de decoracións de calacús, este ano imos celebralo “virtualmente".

 

Para poder participar, tedes que decorar a vosa cabaza, e sacar fotos durante proceso e do resultado final do calacú. É importante que fagades fotos onde se vexa ao alumnado decorando a cabaza e algunha onde apareza unicamente o calacú (para que cando fagamos as votacións no cole, podamos facelo obxectivamente).

 

Con estas fotos faremos un vídeo que se colgará no web de centro no día 30 de outubro.
Haberá agasallos para os máis votados de cada categoría, infantil, 1º ciclo, 2º ciclo, 3º ciclo; e este ano, como novidade inauguramos a categoría "mellor cabaza realizada integramente polo alumnado".

O prazo para recibir as fotografías dende agora ata o 23 de outubro incluído. Os arquivos mandarasen a seguinte dirección de correo electrónico: dinamizaciongoian@gmail.com

 

Agardamos a vosa colaboración!!!

 

 

Aula Virtual: Como empezamos?

Seguindo estas instruccións poderemos empezar a traballar na Aula Virtual do cole.

Aviso de música!

                                          Semana do 8 de xuño de 2020

Ola a tod@s!

Dende música quero contarvos que publiquei ao longo da semana pasada algúns vídeos (un deles é o vídeo-resume da proposta do xoguete musical con todas as participacións!!) e esta semana colguei unha canción moi fermosa en linguaxe de signos, moi apropiada para estes derradeiros días de curso!

Espero que vos gusten moito! Sorriso

 

 

 

XOGANDO CO CORPO

A xogar co CORPOOOOOO!!!!!

Aviso de música

                                            Semana do 25 de maio de 2020

Ola a tod@s!

En primeiro lugar, espero que esteades tod@s ben, disfrutando na medida do posible e recomendado destes días de calor!

Escríbovos para comunicarvos que ao longo desta semana estiven subindo vídeos no apartado de RECURSOS-Música, para que lle botedes un ollo nestes momentos do día nos que se está mellor dentro da casa que fóra, ou a unha boa sombriña. Tamén vos quero dicir que a semana pasada subín o vídeo d@s nen@s que participaran na proposta de "facer música", pero logo tiven que volvelo publicar porque nos quedara o vídeo dunha nena perdido polo camiño. Podedes volvelo ver. É a última publicación da semana pasada.

E penso que nada máis, moito ánimo que non queda nada!

Saúdos,

Eva.

TAN IGUAIS, TAN DIFERENTES

Quen é o máis alto da casa? E quen ten o nariz máis longo? Para medir non nos fai falla unha cinta métrica. Se entrades no arquivo adxunto atoparedes como facelo e tamén unhas actividades xeniais. A ver quen se apunta!!!!

MÁIS PITAS

Porque estas Letras Galegas nos deixaron un bo sabor de boca, propoñémosvos que abrades o arquivo adxunto.

OUTRO AVISO MUSICAL

Ola a tod@s!!                                                               Semana do 18 de maio de 2020

Dende música, quero informarvos de que hai unha publicación nova no apartado de MÚSICA, relacionada cos instrumentos musicais.

Animádevos a vela!

Eva.

 

DÍA DA FAMILIA

Esta semana celébrase o Día da Familia, e como non podía ser doutra maneira, imos darlle a esta, a homenaxe que se merece, nestes tempos onde a familia está sendo tan importante.

Por iso, imos empezar vendo un conto sobre os distintos tipos de familias, porque hai moitas, moi diferentes, e todas son únicas e especiais… 

Se entrades na páxina do cole no apartado BIBLIOTECA/ TROTAMUNDOS, atoparedes este contiño.

Por que non lle botades un ollo e logo volvedes por aquí?

Mil Gracias por la mención ❤️ #Repost... - CatacricatacraC ...

 Que tal? Gustouvos o conto?

Recordades como se titulaba o conto? queredes debuxar algún dos protagonistas? Saberíades agora contarlle alguén, cantos tipos de familia hai?

E agora, queredes presentarnos como é a vosa familia? Que vos parece se as coñecemos dunha maneira orixinal e divertida?

Propoñémosvos a idea de que nos mostredes as vosas familia, cun debuxo, unha foto, un collage, unha composición, como vós queirades.

Aquí van algunhas ideas…