Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Blogues

Xornada XOGADE

E por fin unha xornada intercentros (trala que xa fixeron o trimestre pasado os grupos de 4º e 6º. Esta semana tocounos visitar ó CEIP Nº2 de Tui, ó cal temos que agradecer a benvida e o ben que o pasamos desfrutando da actividade física.

Ademais, foi a estrea de 3º nunha xornada intercentrois, e que ganas tiñamos xa! Desfrutamos moito, tanto dos momentos xogando como animando ós maiores.

Pola outra banda o grupo de 5º xa participara o ano pasado, e este xa había ganas de repetir. Iso si, desta complicouse un pouco máis a cousa, xa que no volei o balón xa é dun tamaño máis parecido ó oficial.

E agora xa estamos practicando nos recreos e pensando na próxima! 

Entroido e sombreiros loucos

Bo día familias!

 

Para este entroido (además do entruidón, que coma todos os anos faranos revolver nos caixóns para ir vestido con algo distinto cada día), disfrazarémonos este venres 9 de febreiro usando un sombreiro louco como complemento.

Iso sí, o sombreiro louco deberá estar feito con material de refugallo e cousas que teñamos por casa, nada de comprar materiais nin purpurinas.

E para explicárnolo un pouco máis en profundidade, quen mellor que este tolo personaxe?

Calendario de EFvento

Como o ano pasado por estas datas, xa comezamos co noso calendario de EFvento, con diversos retos motores curtos e/ou de coñecemento, probando as nosas capacidades e favorecendo uns descansos activos entre clases. Retos que se poderán repetir por parte das clases e as tutoras en calquera momento do ano, sobre todo en días de choiva nos que non se poida realizar a Milla diaria na que estamos a desenvolver.

Atrevédesvos a facelos tamén na casa?

 

 

 

Esperamos que os desfrutedes, boa entrada no Nadal!

Actividade de boxeo sen contacto

Este pasado 29 de novembro, o noso veciño Charly López, boxeador e adestrador do Spartan Team de Goián,  ofreceunos unha sesión de boxeo sen contacto a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia. Así que visitamos a sala onde adestran, a cal está no pavillón que nós tamén usamos.

E alí foron as nosas intrépidas clases de 3º a 6º, en sesión de 50 min cada grupo, vivenciaron un adestramento de condición física e boxeo sen contacto, quedando en bastante contentos coa actividade e de poder coñecer qué sucedía nesa sala, que tanta curiosidade xeneraba os días que coincidiamos no pavillón con él nas nosas sesións de EF.

Grazas pola experiencia!

 

Campo a través en horario lectivo (curso 23.24)

Tras varios intentos falidos polo moito que choveu en semanas, por fin deu tregua e nos permitiu disputar as carreiras de campo a través deste ano, e por certo, con moi bo tempo.

Deste xeito, os días 23 e 24 de novembro disputáronse as carreiras de campo a través nas instalación do campo de fútbol do Borralliño, en Soutelo.

A espera valeu a pena e deixounos dous días ben solleiros e que se prestaban para o deporte. E aí fomos, dende 2º ata 6º de primaria do cole.

As distancias foron de:

550m para 2º e 3º de primaria

800m para 4º e 5º de primaria

1300m para 6º de primaria e 1º e 2º da ESO

Se queredes coñecer un pouco máis sobre os percorridos e as clasificacións, invitámosvos a visitar este enlace á páxina de AGRUDEBaM:

https://www.agrudebam.es/horario-lectivo/campo-a-trav%C3%A9s-horario-lectivo/

 

Felicitar ás nenas e nenos participantes polo seu esforzo, e sobre todo polas gañas que lle botaron en correr e animar ó resto de compañeiras e compañeiros.

 

Actividade de Balonmán

O pasado 29 de setembro tivemos a visita de adestradores e adestradora das categorías base do Atlético Novás e do Atlético Guardés, dous equipos de balonmán da nosa contorna, co fin de achegarnos este deporte.

Participou toda primaria (por ciclos) nun pequeño adestramento onde viron as actividades que poderían practicar de animarse a profundizar neste máis que interesante deporte.

Algúns dos nenos e nenas do cole xa están a desfrutar este deporte semanalmente.

 

Grazas pola visita!

 

 

Benvidas e Benvidos ó noso recuncho de Ed. Física!

Benvidas e Benvidos ó noso recuncho de Ed. Física!

 

Aquí trataremos de acercarvos algunhas das actividades que imos facendo, tanto nós solos, como coa colaboración de outras asociacións e clubs. Destacar tamén a nosa participación en proxectos como a milla diaria e o plan XOGADE, onde participamos dentro de AGRUDEBaM onde estamos case todos os profes de EF dos coles do Baixo Miño.

E como non, participaremos no compromiso do cole relacionados coas Merendas saudables e os Residuos cero co fin de traballar sobre a nosa saúde a e a do planeta que habitamos. Así que xa sabedes é tempo de actuar

 

E como non podería ser doutro xeito, despedirmos coa frase máis repetida polos profes de EF en tooodos os coles:


 

Un saúdo!

"Escola de mulleres" de Inma López Silva

O venres 9 de xuño foi a  habitual e última xuntanza do curso dos clubs de lectura do CPI Manuel Suárez Marquier, do IES Antón Alonso Ríos e o "Chocolate con libros" do CEIP Pintor Antonio Fernández .

A cita, na  biblioteca do noso cole.

A autora convidada, Inma López Silva con quen pasamos unha agradabilísima sesión falando da súa "Escola de mulleres".

Mulleres na biblioteca do cole falando doutra muller, Gloria.

Que teñades moi boas lecturas e ata o vindeiro curso!!!!!

 

 

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Secretaría Xeral de Igualdade convocou o IV Concurso de carteis e videos contra a Violencia de Xénero no que podían participar centros educativos de toda Galicia en tres categorías.

No noso cole cinco grupos de 5º e 6º de Primaria confeccionaron distintas obras de arte. Despois dunha reñida votación (porque só se podía enviar un) o traballo elexido para o concurso foi "TRATA COMO QUEIRAS QUE CHE TRATEN"  creado por Sara, Manu, Yannira, Noe, Roi, Tania e Paula de 6º que acadou o 2º Premio Audiovisual da súa categoría.

O venres 25 de Novembro foron recoller o seu premio e participaron, xunto con outros centros de ensino, no minuto de silencio polas vítimas desta lacra. 

O que temos moi claro é que:

NO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!

 

Pica na imaxe para ver todos os traballos do noso cole.

Magosto

O outono é tempo de castañas e magostos. Pasámolo en grande como ben se aprecia no video!!!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut