Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Blogues

Botamos un baile?

A música é ledicia, emoción, tranquilidade... O alumnado de 3º e 4º de Primaria deléitannos co seu bo facer musical polo que vos convidamos a gozar e a danzar!!!!

PREMEDE NA IMAXE

Obras de XELA ARIAS: POETIZAMOS II

En "Darío a diario", Xela expresa o que sente polo seu fillo, a maternidade, como se sinte ela...

Ese sentimento é o que nos narran as nais do alumnado de 4º de Primaria acompañadas da lectura dos versos de Xela por parte dos seus fillos e fillas.

En "Ningunha coma ti, ningún coma ti" a clase de 6º de Primaria agasalla cos seus versos "ás raíñas parlantes, a esas mans únicas que nos acompañan e agariman toda a vida".

 

Isto aínda non rematou polo que

continuará... 

 

Obras de XELA ARIAS: POETIZAMOS I

Xela foi unha grande poetisa que marchou cedo.

Aínda así achegounos a súa obra "chea de vida".

O alumnado de 3º de Primaria versiona  o seu "Monólogo adicto"

coa música de Guadi Galego.

Moi equilibradamente, o alumnado de 5º recitou a súa obra

"Denuncia do equilibrio".

E como sempre, que teñades boas lecturas!!!

continuará...

LETRAS GALEGAS 2021: Quen era Xela Arias?

Os nenos e nenas máis pequenos do cole presentánnos á Xela Arias,  poetisa, tradutora, editora e profesora a quen se lle adican as LETRAS GALEGAS deste ano.

O primeiro video é unha fotobiografía instalada na carballeira do cole realizada polo alumnado de Infantil.


Finalmente, o alumnado de 1º cóntanos moitas cousas da vida de XELA ARIAS.

continuará...

Mañá, máis.

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (antes da PARTE I)

Cos libros podemos viaxar, rir, vivir aventuras, pasar medo (ás veces)... tantas cousas!!!! 

O pasado venres 23 de Abril celebramos a festa dos libros. Pensamos compartir con vós algúns dos libros que nos gustan.

Empezamos as nosas recomendacións cos nenos e nenas de Infantil. Xa veredes que chuladas!!!!

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (PARTE I)

 

 Para quen empeza a gozar da lectura. Que che apetece? Que che lean ou facelo ti? Date unha volta pola Biblio, atoparás estes títulos e moitos máis!!!

CONTOS PARA LER SÓS OU QUE NOS LEAN...

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (PARTE II)

Para disfrutar da lectura autónoma, alá van estes títulos.

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (PARTE III)

Para rematar, estas son as nosas suxerencias para as lectoras e lectores expertos.

Que teñades unhas moi boas lecturas!!!!

 

 

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe é o día dos libros (aínda que pensamos que todos os días son os días dos libros...). 

Compartimos con vós un video con curiosidades deste día. É superinteresante!!!

  

 

Esta é a primeira das nosas superproducións. Este video en clase de Inglés porque nós tamén lemos no idioma de Shakespeare!!!

E aquí temos esta PRECIOSIDADE narrada polos avós e avoas que acuden ao centro de día de Tomiño.

Se premedes no enñace, RECOMENDACIÓNS PARA TODOS OS GUSTOS.

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut