Nos arquivos adxuntos atoparedes a información e os impresos necesarios para a solicitude de axudas de material escolar e libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023.
Se tedes calquera dúbida ou dificultade para cubrir os impresos, consultade co Equipo Directivo.
Quentando motores para o Entroido!!!!! Lembrade que non hai que mercar nada e buscar o que teñamos por casa. Veña, a poñer a andar a imaxinación e, sobre todo, combinar para arrasar!!!!!
Empezamos coa orde para o LUNS.
Cada día engadiremos unha orde de estilo e cor!!!!!!
Por fin!!!!! Despois dalgún pandémico atranco, fíxose realidade algo que andabamos argallando dende fai tempo:
botou a andar o CLUB de LECTURAdas nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria!!!!!!
Neste pequeno video contámosvos un chisquiño da experiencia. Dende logo que imos continuar porqueENCÁNTANOSLER!!!!!!! E non pasaran vintecatro horas que xa medrou a participación para a seguinte xuntanza!!!!!
Estas son as "conversas que tivemos" con Francisco Castro e Ledicia Costas.
a Goián e Figueiró e contamos coa marabillosa colaboración da Agrupación Musical de Goián a quen estamos enormemente agradecidas.
Non podemos esquecer o compromiso e a grandísima axuda de Ana, Andrés e Adrián, nai e pais de nenos deste cole, e a Lucas, que nos botaron tadas as mans que puideron para que este video fose posible.
A participación dos nenos e as nenas foi EXCEPCIONAL!!!! e non podemos estar máis que orgullosas de todos e todas elas.
Toda a Comunidade Educativa:persoal docente e non docente, ANPA e nenos e nenas