O alumnado de 6º de Primaria, tras unha exhaustiva investigación e co compromiso de informar desde unha perspectiva realista e festeira (como non podía ser menos!!!), elaborou esta reportaxe que non é máis que unha homenaxe a unha tradición que está no ADN desta vila:
O ENTRUIDO DE GOIAN!!!!!
VIVA!!!!!
(Agradecemos a colaboración de Pepa, Susana e Reme.
Algunhas das fotos desta reportaxe son de antes de que chegara o "BICHO").
Pois si, está a caír e a pesares desta pandemia, nós, imos disfrutar co Entroido. No finde, toca rebuscar na casa para a semana que vén vir elegantiños e divinas. E a disfrutar!!!!! (con moito sentidiño!!!!).
Desgraciadamente o venres non poderemos desfilar polas rúas coma sempre. Para o ano, seguro que o faremos!!!!!!
Recoñecemos as palabras agudas, graves e esdrúxulas? Con este TRIVIAL imos comprobar que si. Moita atención ás preguntas e a pensar ben a resposta. Está recomendado para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria (se hai valentes por aí que se atrevan...). Só hai que premer aquí e a xogar!!!!
25 de NOVEMBRO: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
O alumnado de 6º de primaria adaptamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora", unha historia de superación que podemos atopar na Biblio do cole.
Este conto foi un agasallo da nosa veciña María Alonso Seisdedos que o traduciu ao galego. Grazas, María!!!!
Esta é a nosa gotiña que non esvarará polas nosas vidas, ben seguro!!!! Xuntos e xuntas, somos máis fortes!!!!
Xa neste 2021, recibimos un agasallo moi especial!!!!
Moitas grazas, a Ed. Bellaterra por esta Auroriña pequeniña que nos lembra quen somos e o que somos. En vindeiras datas haberá máis sorpresas, ben seguro.