Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

blogue deMirta

23 de ABRIL: NO CEIP Pintor Antonio Fernández recomendamos... (PARTE III)

Para rematar, estas son as nosas suxerencias para as lectoras e lectores expertos.

Que teñades unhas moi boas lecturas!!!!

 

 

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe é o día dos libros (aínda que pensamos que todos os días son os días dos libros...). 

Compartimos con vós un video con curiosidades deste día. É superinteresante!!!

  

 

Esta é a primeira das nosas superproducións. Este video en clase de Inglés porque nós tamén lemos no idioma de Shakespeare!!!

E aquí temos esta PRECIOSIDADE narrada polos avós e avoas que acuden ao centro de día de Tomiño.

Se premedes no enñace, RECOMENDACIÓNS PARA TODOS OS GUSTOS.

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!

 

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago a nosa escritora por excelencia: Rosalía de Castro.

Todos os nenos e nenas do cole fixémoslle a homenaxe que lle corresponde: espallando os seus versos.

 

Con esta presentación, coñeceredes máis sobre ela.

Botades un ollo?

 E para rematar, música.

 

Vai por ti, ROSALÍA!!!!!

Reportaxe entruideira

O alumnado de 6º de Primaria, tras unha exhaustiva investigación e co compromiso de informar desde unha perspectiva realista e festeira (como non podía ser menos!!!), elaborou esta reportaxe que non é máis que unha homenaxe a unha tradición que está no ADN desta vila:

O ENTRUIDO DE GOIAN!!!!!

VIVA!!!!!

(Agradecemos a colaboración de Pepa, Susana e Reme.

Algunhas das fotos desta reportaxe son de antes de que chegara o "BICHO").

Ordes do ENTRUIDÓN!!!!!

Pois si, está a caír e a pesares desta pandemia, nós, imos disfrutar co Entroido. No finde, toca rebuscar na casa para a semana que vén vir elegantiños e divinas. E a disfrutar!!!!! (con moito sentidiño!!!!).

Desgraciadamente o venres non poderemos desfilar polas rúas coma sempre. Para o ano, seguro que o faremos!!!!!!

 

A xogar coas palabras

Recoñecemos as palabras agudas, graves e esdrúxulas? Con este TRIVIAL imos comprobar que si. Moita atención ás preguntas e a pensar ben a resposta. Está recomendado para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria (se hai valentes por aí que se atrevan...). Só hai que premer aquí e a xogar!!!!

 

Trotamundo recomenda...

En nada celebraremos que remata este ano tan raro, raro, raro...

Dende a Biblio do cole compartimos con vós estes tesouros para entrar con bo pé no 2021!!!!! 

 

O chuvasqueiro de Aurora

25 de NOVEMBRO: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

O alumnado de 6º de primaria adaptamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora", unha historia de superación que podemos atopar na Biblio do cole.

Este conto foi un agasallo da nosa veciña María Alonso Seisdedos que o traduciu ao galego. Grazas, María!!!!

Esta é a nosa gotiña que non esvarará polas nosas vidas, ben seguro!!!! Xuntos e xuntas, somos máis fortes!!!!

 

 

Xa neste 2021, recibimos un agasallo moi especial!!!!

 

 

Moitas grazas, a Ed. Bellaterra por esta Auroriña pequeniña que nos lembra quen somos e o que somos. En vindeiras  datas haberá máis sorpresas, ben seguro.

 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut