Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

blogue deMirta

Sorrisos da profe Mari Luz...

 

Ola xuliñ@s!!

Espero que esteades moi ben. Botásevos de menos.  

Quero axudarvos a enredar neste tempo na casiña. Anímosvos a que participedes nalgunhas das propostas que vos irei enviando. Lembrade SORRIR, SORRIR MOITO!!!!

 

E SE COMEZAMOS CUNHA CANCIÓN…?

 

 

Cando xa non sexamos aves enxauladas…

 

Para quen estades gardando bicos, cara quen correredes, a quen botades de menos…?

 

 

 

 

E SE DAMOS OUTRA UNHA VOLTIÑA POLO MUNDO?

COMO VOS VAI CO RETO DA VOLTA AO MUNDO? POIS IMOS DAR OUTRA VOLTIÑA... DENDE A CASA. 

AO PREMER NAS IMAXES, ATOPAREDES MAPAS PARA APRENDER PAÍSES, CAPITAIS, RELEVO... IDES PASALO MOI BEN!!!

Este é o billete para viaxar por España, Europa... por todo o mundo.

 E este é para quedar pretiño da casa: Galicia.

Bueno, se cadra, un pouco máis alá. Quen sabe...

 

UNHA DE GRANDES CHEFS!!!!

A cociña é un grande laboratorio. Nela podemos crear, contar, escribir, investigar, probar!!!! Nestes enlaces poderedes gozar da maxia da cociña. No Portal da Lingua galega e tamén con Pepa e Rufo (no adxunto) poderedes fedellar e á volta, a probar!!!!

 

Nos Recursos de Infantil e nas Recomendacións da Biblio degustaredes máis delicias.

 

 

 

PARA SABER ALGO MÁIS DESTA "COROA"

 

Da man de Alicia entenderemos que é o CORONAVIRUS. Premede no arquivo adxunto e que teñades unhas boas lecturas!!!!

 

 

CURTAS ANIMADAS

Que vos parece unha sesión de curtas, manta, sofá e palomitas??? Veña, a premer no adxunto e a disfrutar dunha tarde de película!!!!! Luz, cámara, acción!!!!

Un agasallo moi poético!!!!

Hoxe 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e estamos na nosa Primavera das Letras. Recibimos un agasallo moi querido e especial dun grande amigo: o poeta Antonio García Teijeiro. Bicos poéticos!!!!!

 

 

DAMOS A VOLTA AO MUNDO!!!!!

 

¡¡¡VAMOS DAR A VOLTA AO MUNDO!!!

Este xogo é un reto para facer en familia, todos e todas temos que participar para completar a viaxe. Os máis pequenos necesitarán a axuda dos maiores para facer os cálculos, pero para 4º, 5º e 6º deixaremos que sexan os nenos e as nenas quen se encarguen de todo na medida do posible.

O obxectivo á dar a VOLTA AO MUNDO por etapas. Para completar cada etapa temos que conseguir acumular quilómetros de diferentes formas que aquí vos propoñemos:

 

Cada andar de escaleiras que subamos (unhas 10 escaleras aprox): 10 qm

 

Cada andar de escaleiras que baixemos: 5 qm

 

Bailar unha canción: 10 qm

 

Unha “sentadilla: 1 qm

 

* Un jumping-jack: 2 qm

 

Un salto á corda: 2 qm

 

** Un burpee: 5 qm

 Por exemplo:

Se hoxe baixei o lixo (usando escaleras para baixar e subir) e vivo nun 2º piso, xa fixen 40 km. Ademáis a miña irmá fixo 20 burpees que son 100 qm e o meu pai 20 jumping-jacks, que son 40 km. Polo tanto levaremos 180 qm. En nada estamos en Lisboa!!”

VERY IMPORTANT: Facer un pequeno marcador para non perder a conta dos quilómetros acumulados en cada etapa. Ademáis, cada vez que cheguemos a unha etapa podemos buscar información sobre cidade na que nos atopamos, ubicala no mapa e investigar sobre o país no que se atopa.

Cada vez que completemos unha etapa CELEBRÁMOLO en familia. Podemos escollerlibremente: unha comida especial, bailar a nosa canción favorita, disfrazarnos etc MERECÉMOLO!!

As etapas son as seguintes:

  1. VIGO-LISBOA: 470qm

  1. LISBOA-PARIS: 1.700qm

  1. PARIS-AMSTERDAM: 500qm

  1. AMSTERDAM-ESTOCOLMO: 1.400qm

  1. ESTOCOLMO-MOSCÚ: 1.600qm

  1. MOSCÚ- PEKÍN: 6.000qm

  1. PEKÍN- SIDNEY: 10.000 qm (Celebración especial!!!!)

  1. SIDNEY- AUCKLAND: 2.000qm

  2. AUCKLAND- BOS AIRES: 10.000 qm (Celebración especial!!!!)

  1. BOS AIRES- LIMA: 3.000qm

  1. LIMA- SAN FRANCISCO: 7.000qm

  1. SAN FRANCISCO- OTTAWA: 4.000qm

  1. OTTAWA- REIKIAVIK: 3.800qm

  1. REIKIAVIK- CASA (FIN DA VIAXE): 2.500Qm

Todos os cursos do cole participaremos da viaxe, Completaremos a volta ao mundo cando remate todo isto!!! RESPOSTA AFIRMATIVA!!!!!

 Sorte a todos e a todas!!! BOA VIAXE!!!!

 Cando volvamos ao cole, FESTA RACHADA!!!!!!

 

 

*

** ...e vos preguntaredes o que son o JUMPING JACK e o BURPEE, pois aquí o tedes (non hai excusa!!!!!!).

 

JUMPING JACK

 

 

BURPEE

 

 

 

 

 

 

 

 

A BIBLIO vai con nós!!!

As Bibliotecas Públicas Galegas comparten virtualmente con nós os seus libros, revistas, pelis... É moi doado: se xa temos carnet de Biblioteca pública non hai máis que cubrir os datos de usuario e contrasinal. Se non temos, podemos facer o carnet dun xeito telemático e logo, cando poidamos "poñer pé na rúa", recollelo nunha Biblioteca pública dos arredores. As Bibliotecas Públicas que están máis preto de nós son: Tui, A Garda e O Rosal.

Animaivos!!!!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut