Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

//Eu quedo na casa a ler //

 

O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron, ou morreron, outros escritores eminentes . Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores e alentarnos a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución das creadoras e creadores ao progreso social e cultural.

 

O Equipo da Biblioteca quere compartir con vós esta curta que trata sobre un neno incrible ao que lle encantaban os libros para... descubrídeo vós.

 

Convidámosvos a crear un libro, pero non un libro calquera, un libro moi moi especial: O VOSO LIBRO!!!

E vos preguntaredes como facelo. Pois aí van algunhas ideas:

Un libro pode ter unha soa folla ou moitas...

... pode ser despregable

ou pender dun fío...

...  ter que xiralo para lelo ou ter un recuncho oculto.

Un libro pode ter só letras, só ilustracións ou ambas cousas.

  

Un libro pode ter distintas texturas e ata cheiros e sons.

Así que xa sabedes:

  • Imaxinade ou pensade o voso libro perfecto, debuxádeo.
  • Recuperade da vosa casa, elementos que non esteades empregando pero que vos gusten ou atraigan por algo ( a súa cor, o seu tacto, o seu cheiro...).
  • Imaxinade a historia, as personaxes, os escenarios...
  • E, mans a obra!!!

 

 

 

 

Ehhhh, que a cousa non remata aquí. A que todos temos un libro especial? Quen non soñou ser protagonista dunha aventura alucinante? Ou viaxar a lugares lonxanos?

Que vos parece se nos disfrazamos desa personaxe ou simulamos a portada do noso libro preferido?

Ollo!! O libro real ten que sair na foto.

Quen se anima? Deixámosvos algunha proba de andar por casa.

     

A proba gráfica podedes enviala:

Ánimo!!!



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
blog | by Dr. Radut