PROXECTO CIENCIAS DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DE ED. PRIMARIA 2º TRIMESTRE

Despois de estudar historia vencellándoa no 1º trimestre aos XXOO, neste 2º trimestre estudamos xeografía relacionándoa cos AROS OLÍMPICOS, que representan a unión dos 5 continentes e simbolizan os valores olímpicos. Por iso, no Día da Paz, construímos os aros para pedir o cese da violencia nos 5 continentes, coma podedes ver na nosa imaxe de portada.
 
Asistimos a un obradoiro de bolsas para emprender a nosa viaxe polos 5 continentes e enchela de coñecementos sobre xeografía e as distintas culturas do mundo. E co noso pasaporte viaxeiro na man exploramos e aprendimos moitos contidos como diferenzar aldea - vila- cidade - provincia - comunidade autónoma - país - continente, (menudo lío!), aprendimos bandeiras, monumentos importantes, gastronomía, o relevo, flora e fauna... de distintos países e continentes. Para poder selar o pasaporte, tivemos que pasar distintas probas en cada continente, como un Kahoot, un Pasapalabra, o concurso de 50x15, o Trivial, Agora Caigo...
Isto en ciencias sociais, e en ciencias da natureza aprendimos algo moi importante tamén para poder viaxar: a orientación, grazas a TrueTrue, o noso amigo robot, que nos iniciou na linguaxe de programación.
Xa temos case todo preparado para París 2024: sabemos a historia dos XXOO e coñecemos os diferentes países que participan, que nos faltará saber no 3º trimestre?
SEGUIREMOS INFORMANDO