O alumnado de 6º de Ed. Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria participou na elaboración dunha curta de debuxos animados coa técnica de stop motion titulada "Que mal cheira".
O venres 14 de xuño realizamos unha andaina ata o área recreativa do pobo de Moldes. O alumnado de 3º ciclo cuntinuou cun roteiro cultural para visitar a Igrexa de San Mamede de Moldes e a tumba de Manuel Chamoso Lamas, asemade visitaron a casa onde Manuel Chamoso Lamas viviu a maior parte da súa vida.
No área recreativa realizamos un xantar campestre, despois de disfrutar das instalacións do recinto, coa realización de múltiples actividades e xogos.
PASÁMOLO XENIAL!!
Armádevos de paciencia que hai máis de 200 fotos na galería de imaxes!
O venres, 31 de maio, realizamos no centro a última actividade deste curso dentro do programa Xogade.
Nesta ocasión tivemos un fantástico relatorio sobre a colombofilia que foi impartido polos membros da Federación Galega de colombofilia Angel (Presidente da mesma) e Carlos.
Explicáronnos en que consiste este deporte e todo o que se precisa saber para practicalo. Para a maioría dos presentes foi un descubrimento todo o que nos expuxeron relacionado coa competición deportiva das soltas de pombas mensaxeiras, así como os adestramentos que hai que facer con elas: desde que son moi novas ata que xa están en idade de competición
Asemade, trouxeron varias pombas mensaxeiras que puidemos observar e tocar, localizando nelas os sensores que levan no peteiro que as diferencian das outras pombas.
O 22 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2012/2013: Xogando ao atletismo.
Este ano celebramos a V edición dunha das nosas actividades deportivas favoritas. Participaron os seguintes colexios da Agrupación Deportivo Arenteiro:
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
CPI Virxe da Saleta de Cea.
CEIP de Amoeiro.
CPR Vila de Arenteiro do Carballiño.
CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
Os colexios do Vila de Arenteiro e de Amoeiro repartíronse os primeiros postos nas das categorías de alevíns e benxamíns.
Nós acadamos un meritorio 5º posto nas dúas categorías, por diante dos nosos amigos e rivais deportivos do Irixo
Durante o mes de maio desenvolveuse no centro o I torneo de bádminton. Nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria nas categorías de individual e dobres.
Nas seguintes imaxes podes ver o cadro de honra:
Individuais
Dobres
Premio ao xogo limpo e deportista revelación
Galería de imaxes da final do torneo:
Infórmate no blog de educación física das clasificacións do torneo.
O 9 de maio realizamos no centro, en colaboración coa Consellería de Sanidade, a actividade do "Almorzo saudable" co fin de inculcar hábitos saudables na alimentación do noso alumnado.
Nesta iniciativa volveu a participar toda a comunidade educativa, disfrutando das actividades realizadas, especialmente do momento do almorzo especial que nos preparou a nosa cociñeira Ana.
A técnica de Sanidade fixo un relatorio na biblioteca do cole para o alumnado de Primaria no que lle foi indicando unha serie de pautas a seguir para alimentarse dun xeito equilibrado e completo. Asemade, realizou tamén un obradoiro informativo para o alumnado de Educación Infantil.
O 8 de maio visitounos unha vez máis un dos nosos contacontos favorito: Anxo Moure. Trouxonos fermosas historias das árbores e dos bosques galegos... e tamén da Paz.
Pasámolo xenial participando activamente nas historias que nos contou, homenaxeando así a Roberto Vidal Bolaño, xa que fixemos de fabulosos actores e actrices interpretando os papeis que Antón nos ía repartindo. Ao remate a súa actuación, regalounos a todos nós un MP3 moi especial, aos profes tamén, que nos axudará a afrontar os problemas sen medo e con esperanza.
Podedes visitar a súa páxina web para saber máis cousas da súa historia e traballo.
Na seguinte galería de imaxes veredes que ben o pasamos...
Ao longo do mes de abril realizamos diversas actividades para conmemorar o Día do Libro e dos dereitos de autor, entre as que destacamos as seguintes:
Obradoiro de banda deseñada, no que participou todo o alumnado do colexio. Con todos os traballos elaboramos un libro que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca.
Obradorio de escritura para o alumnado de Ed. Primaria, no que crearon historias sobre a mascota da biblioteca: "Xuve". Realizaremos un libro xigante con todas as historias.
Representación dunha obra de kamishibai a cargo do alumnado de terceiro ciclo.
Realización dunha sesión de contacontoscon Olaia e ilustrador Mark Taeger, que nos contaron moitas historias de ratos e animais fantásticos...
Entrega dos agasallos aos mellores traballos dos obradoiros.
Gañadores de banda deseñada
Gañadores do obradoiro de escritura
Entrega de agasallos aos mellores lectores do trimestre.