Skip to Content

                              

FAMILIAS E LECTURA

DERRADEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO: SETE CAVEIRAS

Onte, día 25 parte das integrantes do Club de Lectura de familias e profesorado desprazámonos ata Vigo para poñernos en situación e falar sobre a derradeira novela que limos este curso: Sete Caveiras de Elena Gallego

A novela transcorre na cidade de Vigo, escollemos 3 dos lugares máis emblemáticos onde apareceron 3 dos cadáveres: O museo do Mar de Vigo ( que visitamos e contamos con visita guiada) , concretamente o seu FARO.

Ademais da  praia de Samil e a Illa de Toralla. 

 

 

 

Tamén fixemos unhas fotos artísticas grazas ao material facilitado por Bea:

 

 

E aquí tedes ás artífices da creación:

 

Despois da visita, dirixímonos a Samil, porque alí ( ademais de comer o xantar que levabamos) desenvólvese parte da novela, onde aparece outro dos cadáveres.

Houbo momento para un café relax... e falar outro pouco sobre ese fragmento da novela.

E por ultimo achegámonos ata a Illa de Toralla, porque , efectivamente alí apareceu outro dos cadáveres.

Foi unha xornada distinta, interesante e moi divertida.

Botamos de menos ás participantes que non puideron asistir, pero xa argallamos a primeira reunión do vindeiro curso.

 

Finalmente , de volta xa un último momento , na que non estamos todas as que somos pero unha boa representación das mesmas

 

Pero isto non foi todo, na viaxe de ida ademais de falar do libro escoitamos 2 audios.

Un deles foi a entrevista que lle fixemos a María Solar coas nosas dúbidas sobre o seu libro "A CULPA". Enviámoslle as nosas dúbidas ( recollidas en Radio Xuve)  e ela amablemente contestounos. E fomos escoitando o resultado final . Agradecemos ao profe Javi que foi o que editou e xuntou as preguntas coas respostas.

( Non imos subir ese audio aquí , porque sería un SPOILER inmenso para as persoas que aínda non o lestes)

 

O que si imos compartir con vós foron os Poemas que recitaron Glenmy e Carolina , xa que non puideron asisitir e deixaron así a a súa despedida.

Non sabíamos que Glenmy (sempre tan discreto) escribiu un libro de poemas para adultos titulado "Del amor y algo más" e recitou magnificamente un dos mesmos.

 

 

Queremos agradecer tamén á biblioteca pública Xosé Neira Vilas de Vigo  que compartiu con nós  o "mapa literario de Vigo"  , no que aparece "Sete Caveiras" na liña 5. 

(Adxuntamos o documento que nos compartiron e que repartimos entre todas as asistentes) 

Foi un pracer compartir e formar parte deste club de lectura tan intenso... pensando xa no vindeiro curso.

Bo verán e boa lectura!!!

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O pasado mércores día 8 tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO.

Desta volta reunímonos para falar da 1ª lectura deste curso, INFAMIA de Ledicia Costas.

Foi unha reunión moi intensa, que deu lugar a un amplo debate e un intercambio de pensamentos e sobre todo falamos sobre infancia, empatía, medo, víctimas e culpabilización das mesmas.

Da importancia de que os fillos e fillas confíen sempre, e quizais a pregunta que máis saiu foi : para cando unha segunda parte de Infamia?

Gustounos moito a lectura, aínda que saiu tamén a "dureza" da historia, os paralelismos e tamén os temas de transfondo.

 

Presentamos tamén a seguinte lectura , que será "A CULPA" de María Solar ( Premio Xerais 2022) que ten unha sinopse máis que atractiva e interesante...

 

 

BOA LECTURA!! 

 

Distribuir contido