Skip to Content

                              

DISCAPACIDADE

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE ED. PRIMARIA

Como comentamos onte nesta entrada 3 DE DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE hoxe tivemos 2 actividades que levou a cabo Sandra Coego, a nai de Iria da clase de 5º de ED. Primaria.

 

Dende o equipo de biblioteca e tamén dende o centro queremos agradecer a Sandra a súa implicación, creatividade e bo facer, e compartir todo iso con nós é un privilexio.

 

Hoxe fixo dúas "contadas" a primeira para o alumnado de ED. Infantil.

No que despois de visionar o vídeo de "Diferentes" falounos da diversidade  a todos os niveis  e o enriquecedor que resulta que todos e todas sexamos diferentes. que é o enfoque lle demos á actividade para os máis pequenos e pequenas) e despois contounos ¡Vivan las uñas de colores!  para a continuación facer un mural colectivo con todo o alumnado de ED. Infantil e finalizar pintándonos as uñas de cores ( coa colaboración das profes Natalia, Mercedes e Mirian) 

 

E aquí vos queda unha pequena escolma fotográfica do momento:

 

 

A seguinte quenda foi para o alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria que tamén desfrutaron do vídeo que Sandra "dobrou " ao galego , despois de falarlles de discapacidade e diversidade.

Para contarlles o "conto da cebola" . Unha historia que invita a reflexionar sobre o que pode influir en nós os comentarios ou reaccións dos demais.

E quizais o que máis lles gustou, ou co que máis desfrutaron foi co "RAP DA CEBOLA" co que nos deleitou Sandra e nos puxo a todos a bailaaaar.

E por último , utilizou unha cebola para darnos a coñecer unha marabillosa mensaxe, na que estamos totalmente dacordo: so podemos darlle AS GRAZAS . 

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade. 

 

 

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

 

 

 

A nivel de centro imos distribuir as actividades arredor desta data en 2 días.

Mañá día 4 a actividade irá dirixida ao alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria.

Sandra, a nai de Iria, da clase de 5º vai representar 2 contos relacionados coa diversidade e a discapacidade, ademais dunha serie de actividades de concienciación mediante o conto e a actividade lúdica. 

Moitísimas grazas a Sandra por colaborar con nós.

O martes dia 5  , unha pequena representación de ASPADISI visitará o noso centro , para desenvolver unha actividade para o 2º e 3º ciclo de ED. Primaria e tamén unha actividade de xogo na hora do recreo para todo o alumnado do centro. 

 

Por outra banda, queremos agradecer novamente a Sandra, que locutou e dobrou ao galego, un vídeo da "Seño Mica" ( co permiso da autora) sobre a diversidade : DIFERENTES.

Queremos agradecer tamén ao profe Javi xa que foi o que editou e gravou con Sandra en Radio Xuve a dobraxe do vídeo, que vos deixamos a continuación:

 

 

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

O pasado venres día 2 tivemos dúas actividades para visibilizar con respecto á DISCAPACIDADE.

( Xa que o 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Por unha banda, e para o alumnado máis pequeno do centro, SANDRA, a nai de Iria preparou 2 contos con moita intención e sensibilidade.

 

 

Para o alumnado da aula mixta de 3 e 4 anos, contoulles "O porquiño Azul" , unha historia que trata sobre a diversidade, e posteriormente fixeron un "porquiño" da cor que quixeron.

 

 

 

Para o aumnado de 5 anos e 1º de ED. Primaria o conto escollido foi " El libro negro de los colores".

Mentres lles contaba o conto, deulles unha máscara para tapar os ollos e tocar o libro,, sentir os relevos, e tamén a escritura en braille 

Despois disto, diversas actividades de estimulación sensorial: tomar alimentos e adiviñar que eran cos ollos pechados, tocar elementos e tentar adiviñar, polo tacto, polo olfacto e tamén pasaron pola emisora de Radio Xuve para escoitar distintos sons, e ver se eran quen de adiviñar a súa orixe.

E como actividade final , trouxo un modelo para que puidesen escribir o seu propio nome en "braille". 

 

 

Queremos agradecer a Sandra, o seu tempo, esforzo e a preparación destas dúas actividades tan interesantes, visibilizadoras  e completas.  MOITÍSIMA GRAZAS!!!

 

 

 

A outra actividade do dia, para visibilizar, e concienciar ao noso alumando fo a visita ó centro dunha pequena representación de ASPADISI

Esta actividade estaba dirixida ao alumnado de 2º a 6º de ED. Primaria. 

Primeiramente falaron da súa historia ,da entidade ,despois tamén houbo dúas persoas que contaron a súa "experiencia de vida",e finalmente compartiron con nós todas as actividades que fan e materiais artesanais que elaboran.

Foi unha experiencia moi moi interesante e enriquecedora.

Para rematar con este día tan emotivo e inspirador, na hora do recreo as persoas de ASPADISI compartiron con nós os seus "xogos populares", ( elaborados en diversos materias, entre eles a madeira por eles mesmos) 

 

Queremos agradecer ás persoas de ASPADISI que se achegaron ao centro, compartiron o seu tempo con nós e enriqueceron as nosas percepcións dun xeito marabilloso.

 

      

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Hoxe día 3 de decembro é o día Internacional da Discapacidade, dende o equipo de Biblioteca e en coordinación  co Departamento de Orientación propúxose unha tarefa de investigación ( ALFIN, AMI) para o alumnado de primaria: investigar sobre unha discapacidade, para despois transmitirllo ao resto das aulas.

 

Despois estar traballando a nivel titorial durante estas dúas semanas, hoxe foi o momento de compartilo co resto do alumnado do centro. O noso punto de retransmisión foi a nosa Biblioteca Escolar, en "rigoroso directo".

Moitísimas grazas polo traballo desenvolvido dende as titorías, o esforzo, a motivación e o bo facer. 

Tamén salientar que dende a área de ED. Física,  o profe Rubén traballou co alumnado de ED. Primaria a temática nestas últimas semanas , para concienciar e sensibilizar.

 

Acó vos queda un pequeno resumo realizado pola mestra de A.L ,Carolina.

( Premede no adxunto PDF) 

 

 Iremos engandindo parte das presentacións, lapbooks, infografías e diversos vídeos e materiais que se elaboraron e compartiron na xornada de hoxe. 

Distribuir contido


by Dr. Radut