![](/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/u57/IMG-20220308-WA0010.jpg)
Onte tivemos a primeira sesión de formación en Radio, con Iago Gordillo. Creador de contido, en galego (en diversas redes) e experto na materia radiofónica.
Esta sesión desenvolveuse de xeito "telemático" para o alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria.
![](/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/u57/IMG-20220308-WA0006_0.jpg)
Durante a videoconferencia tratou diversos temas que espertaron o interese e curiosidade do noso alumnado, primeiro introduciunos na historia da radio, e os tipos de radio que se poden atopar.
Poñendo exemplos das distintas temáticas que podería ter un programa de radio, explicando a diferenza entre este e un podcast .
![](/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/u57/IMG-20220308-WA0009.jpg)
Para rematar facendo un repaso dos distintos formatos existentes e as características de cada un deles.
Todo dende unha óptica dinámica e divertida que enganchou ao noso alumnado.
E por último.. unha rolda de preguntas, porque o noso alumnado é ben curioso!!
![](/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/u57/IMG-20220308-WA0011.jpg)
![](/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/u57/IMG-20220308-WA0003.jpg)
Foi unha experiencia moi interesante e amena, que captou a atencióin do noso alumnado
Agardan impacientes a vindeira sesión, para poñer en práctica o aprendido, desta volta en "modo presencial".