A nosa mascota da biblioteca XUVE precisaba dun cambio de look, con máis forza, máis presenza e máis chulo..
Temos unhas familias moi colaboradoras e implicadas, e mans a obra.
Temos que agradecer inmensamente, esta nova apariencia de XUVE á familia deIria e Ismael( que aparecen nas fotos, que son os netos do creador desta obra de arte.
Agradecemos a José "Coego" a súa adicación e tempo, de xeito desinteresado .
Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.
A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.
No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...
Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.