Skip to Content

                              

ALIMENTACIÓN

MENÚ ESPECIAL SAMAÍN: TERRORIFICAMENTE SAUDABLE.

Hai 2 semanas, dende o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua galega, lanzamos unha proposta ás aulas de ED. PRIMARIA: 

A elaboración dun MENÚ ESPECIAL SAMAÍN TERRORIFICAMENTE SAUDABLE. 

Dende as titorías acolleron a nosa proposta e puxéronse a argallar... seleccionaron as súas receitas ( terroricamente saudables, ou so terroríficas, ou beberaxes... unha soa... houbo quen fixo varias) sempre traballando en equipo e desfrutando de todo o proceso.

 

Queremos agradecer ás titoras e a todo o alumnado que se implicou , participou e pasouno moi ben durante todo o proceso.

Aquí vos quedan os terroríficos resultados finais deste menú de Samaín.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BO PROVEITO!!!!!

LIBRO DE REFRÁNS SOBRE A ALIMENTACIÓN

Xa está o noso libro de refráns relacionados coa alimentación catalogado (orixinal, e unha copia a cor) no noso MEIGA.

 

Queremos desta volta, agradecer ás familias do alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria a súa colaboración e bo facer.

 

Aquí vos queda o enlace á PROPOSTA.

 

E un par de fotos do resultado final, aínda que se o queredes ver mellor, xa sabedes: á vosa disposición na nosa sección de cociña ( 641)

 

 

 

 

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA B.E: A ALIMENTACIÓN E OS REFRÁNS.

Xeografías lectoras na biblioteca escolar, é a temática proposta este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

No cole, estamos enfocando a temática cara a gastronomía

 

Este curso mercamos  varios libros desta temática (641) para o noso catálogo, porque vemos que ao alumnado lle resultan interesantes  e estimulantes. ( especialmente aos máis pequenos e pequenas)

 

No primeiro trimestre, dende o equipo de biblioteca, lanzamos unha proposta para o alumnado dos cursos máis altos (4º, 5º e 6º) : 

UN LIBRO DE RECEITAS GALEGAS ,en base a unha "plantilla" cada quen e coa axuda  inestimable das súas familias redactou a lista de ingredientes e a elaboración da mesma.

 

Desta volta, e para seguir coa temática a proposta vai dirixida ao alumando máis pequeno de primaria ( 1º, 2º e 3º ) ,

Lanzamos a seguinte proposta: queremos facer un libriño con refráns relacionados coa alimentación, para que pase a formar parte do noso catálogo.

 

Esta semana enviarase a "plantilla" para que as familias participen asesorando e buscando con eles e elas. Xa que a súa axuda é fundamental.

A data límite de recollida no centro será o 19 de febreiro

Cada refrán deberá ir acompañado dunha representación gráfica do mesmo.         

Botádelle imaxinación e moitas grazas por participar.

 

EXPERIMENTOS NO RECREO DA BIBLIO: A ALIMENTACIÓN

Hoxe no recreo da biblio, contamos con Mercedes, a titora de 4º que fixo varios experimentos interesantísimos relacionados coa Alimentación, xa que están traballando sobre este contido na aula.

 

Un dos experimentos, estivo relacionado cos "corantes alimenticios" puxeron nun prato "boliñas de chocolate de cores" e botaron auga, no primeiro momento non pasou nada pero despois duns minutos os corantes alimenticios comezaron a desprenderse das boliñas... e apareceu unha mistura de cores preciosa.

 

Outro dos experimentos estivo relacionado cos ovos, a súa frescura, a auga , o sal e as distintas densidades que podemos atopar. Non é o mesmo auga, sen máis, que auga con sal... Os ovos non quedaron na mesma posición.

 

Noutro dos experimentos utilizou unha media e auga para que visen que a auga non pasaba da media, pero ó tocala individualmente si que caía a auga. Densidade, elasticidade... propiedades da auga.

Inicialmente foron bastante incrédulos con respecto a que a auga non transpasase a media... pero ó final.... sorpresa sorpresa!!!

 

Outro dos experimentos que tamén lles encantou foi para ver as propiedades da auga, unha bolsa de plástico chea de auga.. atravesárona con lápis de cores e sorprendentemente a auga non saiu da bolsa. Aí xurdiu moita curiosidade e espectación sobre o tema.

 

Ademais hoxe , e de xeito especial, a maiores  de quitar unha profe as fotos, tivemos unha magnífica fotógrafa: unha alumna da clase de cuarto  que recolleu todos e cada un dos experimentos dende todos os ángulos posibles, facendo unha espectacular labor fotográfica.

 Premede na imaxe se queredes ver unhas poucas fotos do momento:

                                                                             

                      

 

Distribuir contido


by Dr. Radut